DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE BETANZOS

EDICTO (640/2008).

Xulgado de Primeira Instancia número dous de Betanzos.

Xuízo verbal desafiuzamento falta pagamento 0000640/2008.

Parte demandante: Luis Méndez ebeiro.

Parte demandada: Leticia Núñez Romay.

No xuízo referenciado ditouse sentenza cuxo texto literal é o seguinte:

«Sentenza. Betanzos, vinte de abril de dous mil nove. Vistos por min, Carmen Castro Pérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Betanzos, estes autos de xuízo verbal de desafiuzamento seguidos co número 640/08 por instancia de Luis Méndez Cebeiro, maior de idade, con DNI 14908539-P, representado polo procurador Roberto Aba Veiga e defendido pola letrada María Abeleira Casado, contra Leticia Núñez Romay, maior de idade, con DNI 53161975-M, en situación procesual de rebeldía, sobre desafiuzamento por falta de pagamento da renda e reclamación de rendas.

Decisión: que estimando a demanda interposta polo procurador Roberto Aba Veiga, en nome e representación de Luis Méndez Cebeiro, contra Leticia Núñez Romay, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento existente entre as partes sobre o predio sito no número 4 da rúa Manuel Roel, piso 3ª B, en Betanzos e, en consecuencia, condenar a demandada a que o desaloxe en termo legal, apercibíndoa de lanzamento, noutro caso, e condenala a que lle aboe ao demandante a cantidade de oito mil quiñentos trinta euros con oitenta e sete euros (8.530,87 euros) así como as rendas, gastos de comunidade, auga e luz que se xeren ata o total desaloxo do inmoble. As custas serán a cargo da demandada. Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá neste xulgado, e para a Audiencia, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos,

pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Leticia Núñez Romay, en ignorado paradoiro, expido e asino este en Betanzos, vinte e tres de abril de dous mil nove.

O secretario xudicial

Rubricado