DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE BETANZOS

EDICTO (523/2006-B).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Betanzos, dou fe e certifico que nos autos dos cales se fará mención se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.

Betanzos, trece de abril de dous mil nove.

Estes autos de procedemento ordinario número 523/2006 foron vistos por Carmen Castro Pérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Betanzos. Foi demandante José Antonio Outón Pena, maior de idade, con domicilio en Sada, rúa Cortaduría número 3, 3º dereita, quen estivo representado polo procurador dos tribunais Manuel José Pedreira del Río e defendido polo letrado Ramón Lema Alvarellos. Foron demandados Francisco Mollon García, maior de idade, con domicilio en Sada, Tarabelo 34, quen estivo representado pola procuradora dos tribunais Ana Sexto Quintas e defendido polo letrado Eduardo Aguiar Boudin; María del Carmen Prado Ramos, maior de idade, con domicilio en Sada, rúa Pontedeume, 5; Pilar Prado Ramos, maior de idade, con domicilio na rúa Alejandro Ferrant 3-5º B (Madrid) e Jesús Prado Ramos, maior de idade e en ignorado paradoiro; e os tres en situación procesual de rebeldía. Sobre realización de obras. Decido que estimando a demanda interposta polo

procurador sr. Pedreira del Río, en nome e representación de José A. Outón Pena, debo condenar e condeno a Francisco Mollon García, María del Carmen Prado Ramos, Pilar Prado Ramos e Jesús Prado Ramos a que realicen as obras de reparación da terraza do piso cuarto do edificio sinalado co número 3 da rúa Xeneral Aranda de Sada sinaladas polo perito xudicial Sr. García Beiro no informe que consta en autos, así como a reparar os danos causados ao piso terceiro do edificio que se determinarán en execución de sentenza, unha vez realizadas as obras de reparación da terraza.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación ante este xulgado e para a Audiencia da Coruña.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo. Carmen Castro Pérez. Alberto Ballón Lage. Asinado».

O antes inserido é fiel reprodución do seu orixinal, ao cal me remito, e para que así conste e sirva de notificación en forma a Jesús Prado Ramos, que se encontra en ignorado paradoiro, expido e asino este en Betanzos, trece de abril de dous mil nove.

Alberto Ballón Lage

Secretario