DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (328/2008-MJ).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de divorcio contencioso número 328/2008, seguidos por instancia de Manuel López Álvarez, representado polo procurador Juan A. Garrido Pardo contra Rosemari Hardt, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión din como segue:

«A Coruña, dezaseis de decembro de 2008.

Vistos por Eduardo Fernández Cid Tremoya, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio contencioso seguidos neste xulgado co número 328/2008 por instancia de Manuel López Álvarez, representado polo procurador Juan A. Garrido Pardo e defendido polo letrado Félix M. Jiménez Mosquera, sendo parte demandada Rosemari Hardt, declarada en situación de rebeldía procesual.

Decido, que estimando a demanda interposta polo procurador Juan A. Garrido Pardo, en nome e representación de Manuel López Álvarez, contra Rosemari Hardt, declarada en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Manuel López Álvarez e Rosemari Hardt, celebrado na Coruña o 26 de xullo de 2005, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Atribuírlle o uso da vivenda conxugal (sita en Cambre) ao esposo.

2. Non procede fixar ningunha cantidade en concepto de pensión compensatoria nin alimentos.

3. Declarar a disolución do réxime legal de gananciais existente entre os cónxuxes.

Cada parte pagará as súas custas procesuais e serán as comúns pola metade.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco (5) días contados desde o día seguinte á notificación daquela (artigo 457 da LAC), que se preparará ante este mesmo xulgado, tendo en conta que, de conformidade co que determina o art. 774.5ª da LAC, os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta; se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Firme que sexa esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practicar as anotacións pertinentes».

E para que conste e lle sirva de cédula de notificación en forma a Rosemari Hardt, na actualidade con domicilio descoñecido, expido esta, que asino na Coruña o vinte e dous de maio de dous mil nove.

Carmen García Pedreira

Secretaria xudicial