DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (355/2008).

Eu, Elena Andrés Ramos, secretaria do Xulgado de Instrución número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 355/2008 seguido por danos, acordouse citar a David Rodríguez Pardo en calidade de denunciado, co fin de que compareza no concepto que se expresa, para que o día 13 de xullo, ás 12.15 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir ao acto de xuízo oral.

Fágolle saber que ten dereito a ser asistido de avogado e que, de carecer de medios económicos, pode solicitar a este xulgado que se lle designe da quenda de oficio.

E para que conste e lle sirva de citación a David Rodríguez Pardo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 5 de maio de 2009.

Elena Andrés Ramos

Secretaria