DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO (113/2005).

Faise saber que este tribunal, no recurso de apelación (LACN) 3175/2007, ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente din:

«Vigo, dezaoito de febreiro de dous mil nove.

Vistos en grao de apelación ante esta sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo, os autos de procedemento ordinario 113/2005, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Vigo, aos cales correspondeu o nº de rolo de apelación 3175/2007, é parte apelante-demandante: Recreativos Coya, S.L., representada polo procurador Manuel Lamoso Rey e asistida do letrado Juan Carlos Vázquez García; e apelado-demandado: José Ignacio Mauriz Parente, Manuel Domínguez Olveira, representados polo procurador José Fernández González e asistidos do letrado José Cuiñas Rodríguez, e o apelado-demandado: Comunidad de Bienes Atlántico, C.B., declarada en rebeldía, sobre resolución de contrato máquinas recreativas e indemnización danos e perdas.

Foi relatora a maxistrada Magdalena Fernández Soto, quen expresa o parecer da sala.

Decidimos:

Estimar parcialmente o recurso de apelación interposto polo procurador Manuel Lamoso Rey, en nome e representación da entidade Recreativos Coya, S.L., fronte á sentenza ditada o 29 de novembro de 2005 polo Xulgado de Primeira Instancia número dous de Vigo, en procedemento ordinario nº 113/05, a cal se revoga, e no seu lugar ,dítase outra pola cal, estimando parcialmente a demanda interposta pola entidade Recreativos Coya contra José Ignacio Matriz Parente, Manuel Domínguez Oliveira e Comunidad de Bienes Atlántico, debemos condenar os ditos demandados a aboarlle á demandante a cantidade de sete mil seiscentos euros (7.600 euros), sen facer declaración en canto ás custas procesuais desta alzada».

E para que lle sirva de notificación á Comunidad de Bienes del Atlántico, apelada en rebeldía civil, cuxo/s domicilio/s se ignoran, de conformidade co artigo 497.2º da Lei de axuizamento civil, expido este en Vigo, tres de marzo de dous mil nove.

O secretario

Rubricado