DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.383

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais que deberán xulgar as probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, así como a adquisición de novas especialidades, convocado pola Orde do 8 de maio de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 11 de maio).

En cumprimento do sinalado na Orde do 8 de maio de 2009 (DOG do 11 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear os tribunais que figuran no anexo I, ante os que deberán actuar os aspirantes admitidos á realización das probas do proceso selectivo.

Os tribunais constituiranse dentro do prazo de 10 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e darán conta de forma inmediata da súa constitución á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Os presidentes tomarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

Segunda.-Nomear os presidentes das comisións de selección que figuran no anexo II.

As comisións constituiranse no prazo de corenta e oito horas desde que se constitúan os tribunais.

Terceiro.-No Diario Oficial de Galicia publicaranse as resolucións dos presidentes dos tribunais, polas que se citan os opositores para o acto de presentación e da primeira parte da proba prevista na base novena da convocatoria. Non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios de realización das restantes partes da proba no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, estes anuncios deberán facerse públicos polo tribunal nos locais en que se realizaron as probas anteriores, con 24 horas como mínimo de antelación.

Cuarto.-De conformidade co resultado do sorteo realizado o 29 de xaneiro de 2009 na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D ou polos inmediatamente seguintes, no caso dos tribunais que non teñan aspirantes con primeiro apelido que empece por esa letra.

Quinto.-Cando se dea o caso de imposibilidade material para poder efectuar nun só local e a unha mesma hora algunha das probas simultáneas deste proceso selectivo, debido ao elevado número de aspirantes que deban actuar, poderán efectuarse por grupos en locais distintos, ben que deberán ter lugar á mesma hora e día sinalados para o efecto.

Sexto.-Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibir axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción utilizables serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, debendo entenderse que queda expresamente autorizada a utilización de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

O que comunico para o seu coñecemento e efectos.

Santiago de Compostela, 12 de xuño 2009.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos

Ver referencia pdf "11600D014P035.PDF"

ANEXO II

Comisións de selección

-Educación infantil.

Presidenta: Mª Eudoxia Sáenz López.

-Idioma estranxeiro: inglés.

Presidente: Ángel Luis Rodríguez Braga.

-Educación física.

Presidenta: Pedro Manuel Maseda Freire.

-Música.

Presidente: José Antonio Vidueiros Sánchez.

-Educación especial: pedagoxía terapéutica.

Presidenta: Magdalena Duarte Blanco.

-Educación especial: audición e linguaxe.

Presidente: Francisco Manuel Martínez García.

-Educación primaria.

Presidente: Alberto González Armesto.