DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 064 (oficial 1ª tractorista//tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), pola que se publican as notas do terceiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2009, o tribunal nomeado pola Orde do 3 de decembro de 2008 para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 064 (oficial 1ª tractorista//tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de acceso libre, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas ás puntuacións do segundo exercicio (proba práctica), publicadas mediante a Resolución do 7 de abril de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 20 de abril).

De conformidade co disposto na norma derradeira da orde da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.-De acordo co establecido na base II.2.I c) da orde da convocatoria, declarar que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición na quenda de acceso libre os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos.

Terceiro.-Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo na sede da Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto.-De acordo co disposto na base II.2.2 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-De conformidade co disposto na base II.1.5 da orde da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentaren a documentación relativa á fase de concurso desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio das notas do terceiro exercicio da fase de oposición.

As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do cuarto exercicio da fase de oposición, no caso de ter que realizarse este.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2009.

Ángel Míguez López

Presidente do tribunal