DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2009, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 10 de xaneiro de 2008).

En sesión do tribunal, nomeado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 8 de setembro de 2008 (DOG nº 176, do 11 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, que tivo lugar o día 2 de xuño de 2009, adoptáronse, de conformidade co establecido na orde de convocatoria, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso con indicación da puntuación obtida polos aspirantes, tanto de acceso libre como de promoción interna, en cada epígrafe, consonte co establecido na base II.3.5 da orde de convocatoria.

Segundo.-De acordo co establecido na citada base da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2009.

Claudio López Garrido

Presidente do tribunal

Ver referencia pdf "11600D013P034.PDF"