DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2009 pola que se crean ficheiros de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

A Universidade de Vigo aprobou a regulación dos ficheiros: alumnos, contabilidade e persoal, publicados no BOE do 15 de agosto de 1995, e tamén os seguintes: rexistro, extensión universitaria, xestión académica de cursos de posgrao, saum, telefonía, usuarios, e Riga, publicados no DOG do 14 de novembro de 2005. Pero tanto os cambios aconsellados pola lei e polo transcurso do tempo, como a implantación de medidas de seguridade na Universidade de Vigo fan necesario a publicación de modificacións nos mencionados ficheiros.

Na súa virtude, e co fin de que se cumpra o mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre a creación e a modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola universidade, de asegurarlles aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, e por canto sucede, unha vez transcorrido o prazo de alegacións, e logo de cumprir os trámites establecidos na Lei 8/2001, do 13 de xullo, e o Decreto 99/2002, do 1 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro.-Créanse os ficheiros de datos de carácter persoal sinalados no anexo.

Segundo.-Os ficheiros indicados no anexo rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallan para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro.-Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, estas pódense realizar sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de remitirlles datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de maio de 2009.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

-Servizos de biblioteca.

a) Identificación do ficheiro:

a.1. Denominación do ficheiro: Servizos Biblioteca.

a.2. Finalidade: xestión contable fiscal e administrativa, educación e cultura, fins históricos, estatísticos ou científicos e outras finalidades.

a.3. Usos previstos: préstamo de documentos, préstamo interbibliotecario, consulta de documentos non publicados, cesión de espazos e equipamento bibliotecarios aos usuarios e servizo de referencia, recollida de suxestións e reclamacións dos usuarios, xestión económica e administración das adquisicións de recursos.

b) Orixe dos datos:

b.1. Colectivos de persoas sobre os cales se pretenden obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: empregados, estudantes e solicitantes.

b.2. Procedencia: o propio interesado ou o seu representante legal.

c) Estrutura do ficheiro:

c.1. Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/impresión dixital, enderezo de correo electrónico.

c.2. Outros tipos de datos: relacionados coa petición de servizos da Biblioteca Universitaria.

c.3. Sistema de tratamento: mixto.

d) Comunicacións de datos previstas: non se prevén.

e) Transferencias internacionais de datos previstas: non se prevén.

f) Órganos responsables do ficheiro: Biblioteca Universitaria. Campus Universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra.

g) Órgano ante o cal se poden exercer os dereitos ARCO: Biblioteca Universitaria. Campus Universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra.

h) Nivel de seguridade: medio.

-RRHH Biblioteca

a) Identificación do ficheiro:

a.1. Denominación do ficheiro: RRHH Biblioteca.

a.2. Finalidade: recursos humanos.

a.3. Usos previstos: xestión interna dos recursos humanos da biblioteca: xestión de vacacións, permisos, licenzas, asuntos persoais e asistencia a cursos.

b) Orixe dos datos:

b.1. Colectivos de persoas sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: empregados.

b.2. Procedencia: o propio interesado ou o seu representante legal.

c) Estrutura do ficheiro:

c.1. Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/impresión dixital, enderezo de correo electrónico.

c.2. Outros tipos de datos: de características persoais, de circunstancias sociais e de detalles de emprego.

c.3. Sistema de tratamento: mixto.

d) Comunicacións de datos previstas: non se prevén.

e) Transferencias internacionais de datos previstas: non se prevén.

f) Órganos responsables do ficheiro: Biblioteca universitaria. Campus Universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra.

g) Órgano ante o cal se poden exercer os dereitos ARCO: Biblioteca Universitaria. Campus universitario s/n, 36310 Vigo, Pontevedra.

h) Nivel de seguridade: básico.