DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 16 de xuño de 2009 Páx. 10.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de febreiro de 2009 pola que se modifican e se crean ficheiros de carácter persoal.

Advertido erro na publicación da Resolución do 9 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo), pola que se modifican e crean ficheiros de carácter persoal, cómpre facer a oportuna corrección:

Ficheiro persoal (1962970007).

Páxina 5.269:

Onde di: «Nivel e medidas de seguridade do ficheiro: básico», debe dicir: «Nivel e medidas de seguridade do ficheiro: medio».