DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.348

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REXISTRO MERCANTIL E DE BENS MOBLES DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de notificación.

Neste rexistro mercantil tramítase expediente número 48/2009, no cal Raúl Martínez García solicitou, de conformidade co artigo 359 do Regulamento do Rexistro Mercantil, o nomeamento de auditor para o exercicio 2008 da entidade Gallega de Rehabilitaciones y Montajes, S.L.

O 6 de abril de 2009 notificóuselle á sociedade no seu domicilio da rúa Holanda, nº 2 do Grove; a notificación foi devolta por Correos como non retirado.

O 28 de abril de 2009 notificóuselle novamente á sociedade, no seu domicilio da rúa Holanda, nº 2 do Grove; a notificación foi devolta por Correos como non retirado.

Para continuar a tramitación do expediente procédese a notificar a Gallega de Rehabilitaciones y Montajes, S.L., conforme o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que poida alegar o que conveña ao seu dereito.

Pontevedra, 20 de maio de 2009.

Ana María López Rodríguez

Rexistradora mercantil II