DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.348

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ANUNCIO do 10 de xuño de 2009 sobre a posta en funcionamento do servizo complementario diúrno para as galescolas da Pardela e As Galeras, do concello de Oleiros, e a apertura do prazo de preinscrición e matrícula.

De conformidade coa resolución da Presidencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 10 de xuño de 2009, anúnciase a apertura do prazo de preinscrición e matrícula para o servizo complementario diúrno nas galescolas A Pardela e As Galeras, do concello de Oleiros para os meses de xullo e agosto de 2009.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do consorcio e na súa páxina web www.igualdadebenestar.org, no taboleiro de edictos do concello e nos das ditas galescolas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

Roberto Rodríguez Martínez

Xerente do Consorcio Galego de Servizos

de Igualdade e Benestar