Ámbito de actuación: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.
Axudas dirixidas a proxectos empresariais ou sen ánimo de lucro, que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación, segundo se recolle na estratexia aprobada polo grupo.
A asociación Mariñas-Betanzos, na súa reunión do 18 de maio de 2009, acordou abrir o prazo para presentar axudas ao abeiro do Programa Leader, ata o 1 de setembro de 2013.
Máis información: no teléfono 981 66 95 32 e no blog: http//gdr29.blogspot.com/ ou en http://agader.xunta.es/EixoLeader.do.
Bergondo, 19 de maio de 2009.
A presidencia
Rubricado