DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN AMARO

ANUNCIO.

Promovido polo Concello de San Amaro o proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de San Cibrao de las (San Amaro), asinado polo arquitecto Manuel Vidal García, e de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a esta pola Lei 15/2004, queda aberto un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia. No caso de producirse a inserción en datas diferentes o prazo computará desde a derradeira publicación.

San Amaro, 3 de xuño de 2009.

Ernesto Pérez González

Alcalde