DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

EDICTO.

Solicitada desta alcaldía por Comercial Mallo Area, S.L. licenza municipal para exercer a actividade de taller de carpintaría metálica e almacén de madeira no local sito no poligono de Xarás (C-550 km 1,3) deste termo, cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ribeira, 15 de maio de 2009.

Vicente García Rivas

Alcalde accidental