DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración por lotes de maquinaria de obras públicas.

O Concello das Pontes de García Rodríguez vai proceder á contratación por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación da subministración de maquinaria de obras públicas.

Prezo do contrato: 110.000 euros (94.827,58 euros+15.172,42 euros de IVE), distribuídos nos tres lotes seguintes:

Lote 1: un vehículo tractor, destinado a labores de limpeza en pistas, cun orzamento de 49.435,55 euros (42.616,85 euros e 6.818,70 euros en concepto de IVE).

Lote 2: un camión con guindastre cun orzamento de 36.464,45 euros (31.434,87 euros e 5.029,58 euros en concepto de IVE).

Lote 3: un vehículo tipo furgón, destinado ao trasporte de persoas do servizo de obras, cun orzamento de 24.100 euros (20.775,86 euros e 3.324,14 euros en concepto de IVE).

Poderanse presentar ofertas por cada lote, por dous ou pola totalidade.

Prazo de entrega: un mes desde a formalización do contrato.

Presentación de ofertas: o prazo será de 15 días naturais seguintes contados desde o día da publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: os pregos facilitaranse a través do perfil de contratante do concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 29 de maio de 2009.

Marcelino Pena Franco

Concelleiro de obras