DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 17 de abril de 2009, acordou aprobar o inicio do expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para efectos da obtención de terreos cualificados polo Plan Xeral de Ordenación Municipal como sistema xeral de paseo marítimo, sinalados para xestionar polo concello segundo o anexo 13º Parcelario e expropiacións do proxecto Senda peonil da beira da praia de Caión, T.M. da Laracha (A Coruña) promovido pola Demarcación de Costas en Galicia da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, segundo proxecto expropiatorio redactado polo enxeñeiro técnico agrícola José Manuel García Pedreira, recollido no catálogo de accións do Plan Xeral de Ordenación Municipal coa denominación de ampliación paseo marítimo de Caión, acción nº SGPM-1.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 14 de maio de 2009.

José Manuel López Varela

Alcalde