DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

EDICTO.

Solicitada nesta Alcaldía pola empresa Construcciones y Promociones Gobelamar, S.L., licenza de actividade para a construción de nave industrial destinada a almacenamento de madeira, que se instalará na parcela catastral número 15027A008009780000TW, do lugar da Espenuca, parroquia de Coirós, e cumprindo o disposto polo artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que durante este período se poidan presentar as reclamacións ou alegacións que se consideren oportunas.

Coirós, 8 de abril de 2009.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde