DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Rivera Bus, S.L. solicitou licenza municipal para a instalación dun garaxe-taller no polígono industrial da Uceira, parcela C-2, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8, punto 3º, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte días hábiles, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O Carballiño, 11 de maio de 2009.

O alcalde

Rubricado