DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo para a realización dunha enquisa para o estudo da cobertura vacinal AB-CON1-09-014.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos como órgano de contratación do Servizo Galego de Saúde por delegación de competencias.

c) Número de expediente: AB-CON1-09-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha enquisa para o estudo da cobertura vacinal.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: 120 días desde a súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Ver referencia pdf "11500D046P067.PDF"

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e oito mil novecentos euros (58.900 euros) sen IVE. Ver o punto 3.1 prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 54 36 17 ou 881 54 27 87.

e) Telefax: 881 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica ou profesional: ver o punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación provisional.

e) Admisión de variantes: non.

Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

9. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver o punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2009.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos