DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2009, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de espárragos, tomate enteiro natural en conserva e aceite de oliva MS-ASF1-09-020.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente: MS-ASF1-09-020.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de espárragos, tomate enteiro natural en conserva e aceite de oliva.

b) División por lotes e número: tres lotes (véxase punto 4.d).

c) Lugar de entrega: Servizo de Hostalaría. Unidade de Cociña.

d) Prazo de entrega: véxanse os pregos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

-Para os lotes 1 e 2:

Criterios Ponderación

Prezo 45%

Calidade técnica 45%

Prazo de entrega 10%

-Para o lote 3:

Criterios Ponderación

Prezo 55%

Calidade técnica 35%

Prazo de entrega 10%

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 50.130,85 €.

b) IVE (7%): 3.509,15 €.

c) Orzamento con IVE: 53.640 €.

d) Desagregación por lotes:

Descrición lote Orzamento sen IVE IVE 7%

Lote 1: Espárragos 9.158,88 € 641,12 €

Lote 2: Tomate enteiro en conserva 7.327,11 € 512,89 €

Lote 3: Aceite de oliva 33.644,86 € 2.355,14 €

5. Garantía provisional: 1.480 €.

-Lote 1: 270 €.

-Lote 2: 210 €.

-Lote 3: 1.000 €.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

b) Enderezo: avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol.

c) Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62. Fax: 981 33 45 51.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación: Área Sanitaria de Ferrol. Rexistro Xeral. Avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de realización da mesa de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Outras informacións: véxanse os pregos.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es.

Ferrol, 2 de xuño de 2009.

Luis Verde Remeseiro

Director da Área Sanitaria de Ferrol