DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2009 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, actual Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 13-4-2009.

Obxecto: modificación da concesión administrativa outorgada pola Orde ministerial do 25 de febreiro de 1932, co fin de executar obras de adecuación dos baixos do edificio e regularización de superficies e uso como edificio destinado ás dependencias da Confraría de Pescadores de Celeiro.

Porto: Celeiro.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Celeiro.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2022.

Resolución: 5-5-2009.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa destinada á construción dunha planta frigorífica e conxelación de peixe.

Porto: Sada.

Anterior titular: Industrias Fontán, S.L.

Actual concesionario: Iris Cruña, S.L.

Prazo: ata o 10 de abril de 2017.

Resolución: 11-5-2009.

Obxecto: ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á legalización dunha marquesiña.

Porto: Pontedeume.

Concesionario: Concello de Pontedeume

Prazo: ata o 13 de maio de 2024.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución pola que se fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente