DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

ACORDO do 3 de abril de 2009, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Juan Carlos Viñas Suárez de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto do Xufre, con destino á instalación e explotación de gruindastre hidráulico para descarga de mexillón. (Expediente 13-04-09-C-1).

Juan Carlos Viñas Suárez solicita a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto do Xufre, con destino á instalación e explotación de gruindastre hidráulico para descarga de mexillón, segundo o proxecto redactado en marzo de 2009 polo enxeñeiro técnico industrial Virgilio Peláez González.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, (BOE número 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 3 de abril de 2009.

Mateo Ruibal Fernández

Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia