DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 19 de maio de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES-2009/14.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para notificárselle a comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Técnico-Xurídico do Departamento Territorial, sito na rolda da Muralla nº 70-baixo 1º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de maio de 2009.

Ramón Carballo Páez

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES-2009/14.

Interesado: Santiago Salvador Fernández Flores.

Acto notificado: iniciación do expediente sancionador.