DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 14 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/141).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Serra (C.T. Agra da Cruz).

Situación: Sada.

Características técnicas: aumento de potencia no centro de transformación (C.T.) prefabricado Agra da Cruz (expediente IN407A 04/393), pasando a unha potencia 400 kVA cunha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Saídas de rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 409 m, con condutor tipo X.Z.1, con orixe no C.T. proxectado e final na rede de baixa tensión aérea.

Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1.168 m, con orixe no apoio nº 18 proxectado e apoios 3 e 33 existentes, con condutores tipo R.Z. e sobre apoios de formigón. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de maio de 2009.

José Luis Suárez Cerviño

Xefe territorial da Coruña