DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 7 de maio de 2009, da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do 6 de maio de 2009, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro (Ourense).

En cumprimento do disposto no punto 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na cal se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 6 de maio de 2009, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro (Ourense). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2009.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas