DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.330

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4235/2009).

Por este edicto faise saber que, en providencia ditada no día da data pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto por Belén Casal Barbeito, en nome e representación de Leonor Barreiro Saavedra, contra acordo do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, que tivo lugar o 30 de outubro de 2008, polo que se aprobou o texto refundido final do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santiago de Compostela (BOP 56, do 10 de marzo de 2009).

Número de procedemento ordinario 4235/2009.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que, téndoo sido persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, e que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeren con posterioridade, serán considerados parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 7 de maio de 2009.

José Antonio Gallego García

Secretario