DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.330

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2009 pola que se nomea catedrático de universidade a Carlos Daniel Bravo Díaz.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso convocado pola Resolución desta universidade do 21 de xaneiro de 2009 (BOE do 7 de febreiro) e presentada polo concursante proposto a documentación a que fai referencia a base sétima da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificado pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu nomear a Carlos Daniel Bravo Díaz, con DNI 32630557-C, catedrático de universidade da Universidade de Vigo, da área de coñecemento de química física, adscrita ao Departamento de Química Física desta universidade.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de maio de 2009.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo