DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.326

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo ordinario para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno polo sistema de acceso libre, nomeado pola Orde do 20 de febreiro de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos en relación co segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión realizada o día 8 de xuño de 2009, o tribunal nomeado pola Orde do 20 de febreiro de 2009, publicada no DOG nº 40, do 26 de febreiro, que deberá cualificar os procesos ordinario e extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno, convocado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de xullo de 2008, publicada no DOG nº 130, do 7 de xullo, acordou respecto do segundo exercicio:

Primeiro.-En aplicación do disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e de conformidade coa resolución deste tribunal do 17 de marzo de 2009, (DOG nº 58, do 25 de marzo), superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5 puntos), fixándose en quince (15) o número de respostas correctas, unha vez feitas as deduccións previstas na mesma base, para alcanzar a dita puntuación.

Segundo.-Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas en relación co segundo exercicio da oposición.

Contra estes acordos poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-Realizar os trámites oportunos para a publicación no recinto feiral de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia.

De acordo co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Que, de acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron este exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar o documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estaren en posesión do Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista no segundo exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común.

En todo caso, na dita documentación xustificativa deberá constar que o aspirante posuía o curso de que se trate no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.

Pablo Nimo Ríos

Presidente do tribunal