DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.325

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo ordinario para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno, polo sistema de acceso libre, nomeado pola Orde do 20 de febreiro de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 8 de xuño de 2009, o tribunal nomeado pola Orde do 20 de febreiro de 2009, publicada no DOG nº 40, do 26 de febreiro, que deberá cualificar os procesos -ordinario e extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno, convocado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de xullo de 2008, publicada no DOG nº 130, do 7 de xullo, respecto do primeiro exercicio,

ACORDOU:

Primeiro.-Estimar as reclamacións presentadas polos seguintes aspirantes acerca das puntuacións e modificar estas, do seguinte xeito:

-Hipólito Rodríguez Sánchez, pasa a ter 15 puntos.

-María Victoria Irimia Martínez, pasa a ter 15 puntos.

-Héctor Manuel González Figueroa, pasa a ter 22,50 puntos.

-Bernardo Fernández Vila, pasa a ter 26,25 puntos.

-Rosa María Sánchez Copa, pasa a ter 15 puntos.

-Manuel González Aboy, pasa a ter 15 puntos.

-María Platas Iglesias, pasa a ter 15 puntos.

-Dominique Loureiro Álvarez, pasa a ter 22,50 puntos.

-Trinidad López Román, pasa a ter 12,08 puntos.

-Carolina Vázquez Cardeiro, pasa a ter 26,25 puntos.

-Mercedes Reboredo Otero, pasa a ter 13,75 puntos.

Segundo.-Detectado erro material, modifícase de oficio a puntuación de Sofía Airas González, que pasa a ter 15 puntos.

Terceiro.-Desestimar o resto das reclamacións presentadas.

Cuarto.-Realizar os trámites oportunos para a publicación no recinto Feiral de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia.

Contra estes acordos poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.

Pablo Nimo Ríos

Presidente do tribunal