DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.324

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 181/2009 E, interposto por Ángel Casas Pérez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Ourense providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 181/2009 E, interposto por Ángel Casas Pérez, contra a Resolución do 20 de marzo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 27 de xaneiro de 2009 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 063 (oficial 1ª condutor/a// condutores/as 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo sistema de acceso libre, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos relacionados co proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Ourense no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2009.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública