DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2009 pola que se fai pública a reserva de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2009 ao abeiro das bases reguladoras da concesión polo Instituto Galego de Promoción Económica de axudas de salvamento e reestruturación a empresas en crise.

Mediante resolución do 26 de decembro de 2005 publicouse a nova regulamentación das bases reguladoras de axudas de salvamento e reestruturación a empresas en crise (DOG número 3, do 4 de xaneiro de 2006).

Con data do 23 de decembro de 2008 o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, publicados mediante Lei 16/2008 (DOG número 253, do 31 de decembro de 2008).

Polo que antecede,

RESOLVO:

Único.-Facer pública a reserva de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2009, ao abeiro das bases reguladoras da concesión polo Igape de axudas de salvamento e reestruturación de empresas en crise, que será de 847.977,21 € que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 02.01- E5/10/02- 656700 dos seus orzamentos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica