DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 10 de xuño de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal.

Mediante Orde do 20 de marzo de 2009 (DOG nº 58, do 25 de marzo), a Consellería do Medio Rural convocou para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal de acordo coa Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG nº 49, do 10 de marzo) e co establecido no artigo 10 do Real decreto 1615/2007, do 7 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal (BOE nº 304, do 20 de decembro).

No artigo 7.3º do citado real decreto disponse que as solicitudes se poderán presentar anualmente ata o 1 de maio de cada ano, e reflíctese o mesmo na convocatoria anual establecida na Orde de 20 de marzo da Consellería do Medio Rural.

Dado que mediante Orde ARM/1433/2009, do 1 de xuño, se prorroga o prazo para a presentación de solicitudes ata o 30 de xuño de 2009, inclusive, cómpre ampliar o prazo de presentación das solicitudes presentadas polos beneficiarios que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 4 da Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 4º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para esta convocatoria rematará o 30 de xuño de 2009.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultade de desenvolvemento.

Facúltase a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

Jesús Samuel Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural