DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 8 de xuño de 2009 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece que, en consideración cos antecedentes e datos históricos sobre o risco de incendios forestais de Galicia e sobre a incidencia das variables forestais no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo que condicionará a intensidade das medidas que se adoptarán para a defensa do territorio de Galicia.

Con base no exposto anteriormente ao abeiro do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único.-Época de perigo alto de incendios.

Establécense como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2009 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes para ditar cantas disposicións sexan precisas para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.

Samuel Jesús Suárez Casado

Conselleiro do Medio Rural