DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 2009 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor, do concello do Porriño (Pontevedra).

Examinado o expediente iniciado polo centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor, do concello do Porriño, no que solicita a ampliación dunha unidade de plurideficientes e a transformación dunha unidade de psíquicos nunha unidade de plurideficientes.

Resultando que o centro conta, segundo a Orde do 2 de maio de 2007, con autorización para cinco unidades de educación especial (dúas de psíquicos, dúas de plurideficientes e unha de autistas).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado polo Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial; o Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a ampliación dunha unidade de plurideficientes e a transformación dunha unidade de psíquicos nunha de plurideficientes no centro privado de educación especial Santísimo Cristo del Amor, do concello do Porriño; a súa composición resultante queda como se reflicte no anexo desta orde.

Segundo.-Para a súa posta en funcionamento o departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Terceiro.-Este centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Porriño.

Localidade: O Porriño.

Enderezo: Torneiros-A Ribeira, polígono III, 24 A-B.

Denominación xenérica: centro privado de educación especial.

Denominación específica: Santísimo Cristo del Amor.

Titular: Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor.

Código do centro: 36017031.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: cinco.

Unidades novas autorizadas: unha de plurideficientes.

Composición resultante:

-Catro unidades de plurideficientes.

-Unha unidade de psíquicos.

-Unha unidade de autistas.