DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas ao fomento do asociacionismo municipal a través de mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Finalidade da axuda: gastos de funcionamento das mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios locais ou os gastos referidos á prestación de servizos de carácter obrigatorio para os municipios asociados.

Norma reguladora: Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas ao fomento do asociacionismo municipal, a través de mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios (DOG nº 2, do 5 de xaneiro de 2009).

Crédito orzamentario: 134.950 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.08.141.A.460.1 do exercicio 2009.

Entidades beneficiarias e importes concedidos:

Ver referencia pdf "11500D003P021.PDF"

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2009.

José Norberto Uzal Tresandí

Director xeral de Administración Local