DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 15 de xuño de 2009 Páx. 10.296

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2009 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar os concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Finalidade da axuda: contratación temporal de auxiliares de policía local na tempada de verán do ano 2009.

Norma reguladora: Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se regula a concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2009).

Crédito orzamentario: 238.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.08.141.A.460.0 do exercicio 2009.

Ver referencia pdf "11500D002P020.PDF"

Ver referencia pdf "11500D003P021.PDF"