DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2009 Páx. 9.883

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, supón a plasmación do compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia adquirido polo Goberno galego.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese xa no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que implica a redución por fusión e a racionalización da estrutura que anteriormente tiñan asignadas tres consellerías.

Dentro deste proceso cabe aludir, pola súa relevante significación, en termos de austeridade, eficacia e racionalización da xestión, á reformulación da estrutura da Administración autonómica periférica da Xunta de Galicia operada coa aprobación do Decreto 254/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Estes cambios esenciais na filosofía organizativa e na xestión pública deben ter a necesaria continuidade na configuración da estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que require a xestión do ámbito competencial propio, atendendo a criterios de eficiencia e racionalidade no gasto público.

Seguindo estas premisas, o novo modelo de estrutura orgánica aposta por unha clara redución e simplificación de órganos que se constata, de maneira particularizada, na supresión de unidades como consecuencia da fusión das anteriores consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Vivenda e Solo.

En particular, polo que se refire á estrutura da Administración periférica, este decreto recolle o modelo organizativo plasmado no Decreto 245/2009, do 30 de abril, de tal forma que, en aplicación dos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos/ás delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito competencial, de acordo co artigo 2 da norma citada.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Título I

Ámbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1º.-Ámbito competencial.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas e mobilidade consonte o establecido na EAG nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2º.-Estrutura da consellería.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:

a) O/a conselleiro/a.

b) A Secretaría Xeral.

c) A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

d) A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

e) A Dirección Xeral de Infraestruturas.

f) A Dirección Xeral de Mobilidade.

g) A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

Artigo 3º.-Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

1. Quedan adscritos a esta consellería en virtude do disposto no artigo 3º do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:

a) O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creada pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

b) O organismo autónomo Augas de Galicia creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e cuxo regulamento foi establecido polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro.

c) O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.

d) O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos foi creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega e os seus estatutos foron aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.

e) A Delegación da Xunta de Galicia nas Sociedades Galegas de Autoestradas de Peaxe, creada polo Decreto 390/1996, do 31 de outubro.

2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

b) A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1º d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

c) A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.

d) O Consello Galego de Transportes regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

e) O Xurado de Expropiación de Galicia creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

Título II

Servizos centrais

Capítulo I

Artigo 4º.-O/a conselleiro/a.

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Sección primeira

Da Secretaría Xeral

Artigo 5º.-Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6º.-Estrutura.

1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

c) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

d) Subdirección Xeral de Informática.

e) Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio, a Asesoría Xurídica de Infraestruturas e a Intervención Delegada que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

As asesorías xurídicas de Medio Ambiente e Territorio e de Infraestruturas rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverán as funcións previstas no artigo 13.2º do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contarán co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Sección segunda

Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7º.-Funcións.

Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

a) Suplencia do/a secretario/a xeral nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante.

b) Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

c) Coordinación, tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación seguidos por instancia da consellería que non sexan competencia doutros órganos da consellería.

d) Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da consellería.

e) Asesoramento e emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

f) Coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.

g) Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.

h) En xeral prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral, por razón da súa competencia.

Sección terceira

Da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica

Artigo 8º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería; o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.

b) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao persoal da consellería.

c) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.

d) A xestión dos plans de formación de persoal da consellería.

e) A organización dos aspectos que atinxen ao réxime interior da consellería.

f) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

g) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á representación dela na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

h) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Coordinación e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería, control da execución económica, tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria e a execución dos gastos que se lle atribúan.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

2.2. Servizo de Persoal.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Ordenación, xestión e administración ordinaria dos recursos humanos da consellería e seguimento e control do rexistro de persoal.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

2.3. Servizo de Réxime Interno.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Xestión do réxime interno da consellería, rexistro, arquivo e información, tramitación de reclamacións e recursos en materia de persoal e xestión do plan de formación e do plan de publicacións.

b) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

Sección cuarta

Da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo

Artigo 9º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.

b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

c) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polos xulgados, tribunais, Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións.

d) A emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

e) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

f) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, coas unidades da consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

g) Rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as recompilacións e refundicións das normas emanadas desta.

h) Coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro.

i) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo Técnico Xurídico I.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Asistencia e apoio xurídico nas diferentes materias de ordenación do territorio e ambiente, tanto nos proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería, como no estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

2.2. Servizo Técnico Xurídico II.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Asistencia e apoio xurídico nas diferentes materias de urbanismo, infraestruturas e mobilidade, tanto nos proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería, como no estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

2.3. Servizo de Apoio Técnico-Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A emisión dos informes encomendados, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais. Así como a coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

Sección quinta

Da Subdirección Xeral de Informática

Artigo 10º.-Funcións e estrutura.

1. Á Subdirección Xeral de Informática corresponderanlle, sen prexuízo das competencias que en materia informática ten atribuídas a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, as seguintes funcións:

a) A planificación, supervisión e control dos sistemas e tecnoloxías da información da consellería.

b) A identificación, deseño e desenvolvemento de proxectos ou iniciativas que haxa que abordar en materia de sistemas de información garantindo que estes dean resposta aos requirimentos e necesidades da consellería.

c) A definición das directrices tecnolóxicas comúns e a coordinación dos proxectos informáticos da consellería.

d) A supervisión da compatibilidade, interoperabilidade e optimización dos sistemas e recursos tecnolóxicos informáticos utilizados pola consellería.

e) O impulso da administración electrónica.

f) A definición, implantación e supervisión das políticas de seguridade e protección de datos dos sistemas de información da consellería.

g) A xestión e administración das infraestruturas e recursos materiais que dean soporte aos sistemas e tecnoloxías da información da consellería.

h) O asesoramento e soporte en materia de tecnoloxías da información ás unidades da consellería.

i) O deseño, coordinación e control dos procesos de intercambio de información con outras administracións e entidades por medios informáticos ou telemáticos.

j) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Sistemas de Información.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Desenvolver as funcións da subdirección no concernente aos proxectos e sistemas de información.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Informática.

2.2. Servizo de Tecnoloxías e Infraestruturas.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Desenvolver as funcións da subdirección no concernente ás infraestruturas das tecnoloxías da información e as comunicacións e ao soporte a usuarios/as da consellería.

b) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Informática.

Sección sexta

Da Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección

Artigo 11º.-Funcións e estrutura.

A Subdirección Xeral de Seguridade Vial e Inspección exercerá as funcións inspectoras sobre todos os órganos e servizos de carácter técnico da consellería.

1. Corresponderá á Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección da consellería o exercicio das seguintes funcións:

a) Promover, impulsar e coordinar as estratexias de seguridade viaria coas distintas administracións públicas implicadas na materia.

b) Seguimento do grao de aplicación e cumprimento dos obxectivos xerais e do desenvolvemento de cada unha das liñas estratéxicas propostas na planificación da seguridade viaria de Galicia.

c) Planificar e desenvolver campañas e medidas de concienciación en materia de seguridade viaria e prevención de accidentes de tráfico en Galicia.

d) Elaborar estudos e proxectos e fomentar a formación e a investigación en materia de seguridade viaria.

e) Comprobar o funcionamento dos servizos técnicos e a adecuación do seu traballo ás disposicións legais e regulamentarias vixentes, e propoñer, se é o caso, as medidas procedentes para emendar as deficiencias e anomalías que se advirtan.

f) Practicar as actuacións que procedan como consecuencia das denuncias formuladas polos/as administrados/as en relación co funcionamento dos diversos centros, unidades e dependencias técnicas da consellería e propoñer, se é o caso, a adopción das medidas oportunas.

g) Inspeccionar a execución das obras públicas que, con cargo aos seus respectivos orzamentos, leven a cabo os diferentes órganos e servizos da consellería, así como as que realicen os/as titulares de concesións ou autorizacións, outorgadas por aqueles, en canto ao cumprimento das condicións técnicas e á conformidade das obras co proxecto de adxudicación sen prexuízo das inspeccións atribuídas á Delegación de Autoestradas da Xunta de Galicia respecto das sociedades galegas concesionarias de autoestradas de peaxe.

h) Informar sobre as propostas de redacción de proxectos de modificacións de obras xa contratadas así como as das obras complementarias a que se refire o artigo 155 b) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

i) Recoñecer, comprobar e recibir as obras públicas executadas polos distintos órganos e servizos así como as que realicen os/as titulares de concesións para a construción de autopistas de peaxe.

j) Calquera outra actuación que lle poida ser encomendada por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral.

No exercicio das súas funcións, a Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección poderá solicitar de todos os centros directivos cantos datos, antecedentes e documentos considere necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e as autoridades, funcionarios/as e o persoal laboral dos ditos centros directivos, deberá prestarlle axuda e cooperación para o cumprimento das súas obrigas.

Así mesmo, as facultades e atribucións da Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección entenderanse sen menoscabo das competencias que, respecto ás súas propias unidades técnicas correspondan aos/ás titulares dos diferentes centros directivos da consellería.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará co seguinte servizo:

2.1. Servizo de Coordinación Técnica e Inspección.

Correspóndelle a este servizo prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección da Consellería.

Capítulo III

Secretaría xeral de ordenación do territorio e urbanismo

Artigo 12º.-Funcións e estrutura.

1. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo exercerá as funcións inherentes á dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que en materia de urbanismo, ordenación do territorio así como os informes na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e no solo rústico que ten atribuídas a consellería e, en particular, corresponderanlle:

Con carácter xeral:

a) A materialización e posta en práctica da política territorial e de utilización racional do solo coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio; contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

b) O exercicio das funcións que a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.

c) O fomento da formación e da investigación, e a elaboración e divulgación de estudos e proxectos en materia de urbanismo.

d) O fomento, seguimento e control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística.

e) O fomento da participación cidadá na formulación, tramitación e xestión do planeamento territorial e urbanístico.

f) O apoio e asesoramento necesario á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

g) A elaboración de proxectos e anteproxectos de disposicións normativas en materia de urbanismo.

h) A coordinación dos servizos territoriais de urbanismo.

i) A tramitación e proposta de resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

j) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa no ámbito das súas competencias.

k) O exercicio de calquera competencia que en materia de urbanismo a lexislación vixente atribúa á Administración autonómica sen especificar o órgano que deba exercela.

l) A realización de actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

m) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

n) A preparación dos informes que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

o) Análise e proposta de informe dos expedientes de solicitude de autorización de execución de grandes establecementos comerciais sobre a súa adaptación ao planeamento vixente e en tramitación, para a posta en coñecemento da súa viabilidade á Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais.

p) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

En materia de urbanismo:

a) A preparación dos informes que, con carácter previo á aprobación inicial ou definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico por parte dos concellos, prevé a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

b) A elaboración das propostas de resolución respecto dos instrumentos de planeamento urbanístico cuxa aprobación definitiva sexa competencia da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de conformidade coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

c) A elaboración e tramitación administrativa das normas técnicas de planeamento e das normas subsidiarias e complementarias de planeamento.

d) A tramitación administrativa dos instrumentos de planeamento urbanístico.

e) O apoio técnico e económico e a colaboración coas entidades locais para a formulación e tramitación do planeamento urbanístico e a súa xestión e execución.

f) O seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de planeamento urbanístico aprobados e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de planeamento e xestión urbanística.

g) A xestión do Rexistro de Entidades Urbanísticas colaboradoras, de acordo co disposto polo Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

h) Seguimento, control e actualización do estado do planeamento en Galicia. Diagnose das necesidades.

i) Prestarlles asistencia e coordinación aos concellos en relación cos expedientes das subvencións que, en materia de planeamento, se tramiten nesta consellería.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e para o exercicio das funcións e competencias enumeradas no artigo anterior, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes unidades administrativas:

2.1. Servizo de Xestión Económica.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións inherentes á xestión económica e á preparación e tramitación dos expedientes de contratación e subvencións que poidan ser competencia da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

b) Así como a de prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.2. Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións de supervisión de proxectos técnicos e o seguimento dos contratos de dirección e de execución de obra relacionados coas actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

b) Así como a de prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.3. Subdirección Xeral de Urbanismo.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Urbanismo exercerá as funcións de estudo, preparación, informe e seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico, así como prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.3.2.1. Servizo de Planificación Urbanística I.

2.3.2.2. Servizo de Planificación Urbanística II.

2.3.2.3. Servizo de Planificación Urbanística III.

Correspóndenlles as seguintes funcións:

a) O estudo, a preparación, o informe e o seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico.

b) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lles sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Urbanismo.

2.4. Servizo de Autorizacións e Informes Sectoriais.

Tamén baixo a dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en virtude do disposto polo primeiro parágrafo deste artigo, corresponderán a esta unidade, con nivel orgánico de servizo, as funcións de supervisión de expedientes e a emisión de informes e autorizacións, se é o caso, relacionados coas seguintes actuacións:

a) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do domino público marítimo-terrestre.

b) A preparación dos informes e autorizacións que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

c) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

Capítulo IV

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Artigo 13º.-Funcións e estrutura.

1. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa posta en marcha para o logro da adecuada protección ambiental e o desenvolvemento de estudos e informes en materia de ambiente.

2. Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1 Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

2.1.1. A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da secretaría, a súa execución, seguimento e coordinación.

b) A tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación administrativa.

c) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

d) A xestión das liñas de axudas en materia competencia da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

e) O asesoramento e realización de estudos e informes.

f) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas competencias.

g) A tramitación dos expedientes sancionadores competencia da secretaría.

h) A levanza do rexistro de empresas.

i) A promoción de instrumentos de xestión e responsabilidade ambiental.

j) O seguimento dos riscos e responsabilidades ambientais.

k) A realización de actividades encamiñadas ao cumprimento da normativa ambiental.

l) O control das actividades ambientais e, en particular, o seguimento e inspección ambiental.

m) O apoio á persoa titular da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no exercicio das súas funcións.

n) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.1.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1.2.1. Servizo de Contratación, Xestión Orzamentaria e Fomento.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á área de contratación, xestión orzamentaria e fomento.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.2. Servizo de Apoio Técnico Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á área xurídico-administrativa.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.3. Servizo de Intervención Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao cumprimento da normativa ambiental.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

2.2.1. A Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A tramitación técnica e administrativa dos expedientes derivados da aplicación da Lei 9/2006, sobre avaliación de determinados plans e programas no ambiente.

b) O impulso da integración do referente ambiental nas distintas políticas sectoriais.

c) As actuacións dirixidas á integración do ambiente nas accións dos fondos comunitarios e, en particular, no proceso de programación, realización, seguimento e avaliación das accións financiadas por estes fondos.

d) O apoio técnico ao exercicio por parte da persoa titular do centro directivo das funcións que ten atribuídas como autoridade ambiental de Galicia, en particular as derivadas da súa condición de membro da Rede de Autoridades Ambientais de España.

e) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da aplicación dos instrumentos preventivos recollidos na lexislación de protección ambiental de Galicia.

f) A xestión e seguimento dos pactos ambientais.

g) As actuacións derivadas da normativa de ecoxestión, ecoauditoría e ecoetiquetaxe.

h) A homologación de empresas e equipamentos de avaliación de impactos, control da calidade ambiental e de seguimento e inspección ambiental.

i) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.2.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.2.2.1. Servizo de Avaliación Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á avaliación da incidencia dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.2.2.2. Servizo de Prevención e Xestión Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á avaliación da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Calidade Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A elaboración dos plans de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia e das accións de desenvolvemento destes.

b) O fomento das accións de redución, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para aplicación das accións indicadas.

c) O estudo e análise das mellores técnicas dispoñibles para facilitar a integración do respecto ao ambiente nos procesos produtivos das industrias.

d) O establecemento das condicións que faciliten a transferencia de tecnoloxías limpas e técnicas de protección ambiental.

e) O impulso, promoción e desenvolvemento tecnolóxico en materia de ambiente industrial.

f) A tramitación e seguimento das autorizacións dos sistemas integrados de xestión.

g) O establecemento e xestión de procedementos que garantan a distribución da información en materia de residuos.

h) A tramitación das autorizacións de xestores/as e produtores/as de residuos.

i) O control da xestión de residuos.

j) A planificación, programación e realización de obras e infraestruturas que executará a consellería para unha adecuada xestión dos residuos.

k) A colaboración coas consellerías correspondentes no control da xestión dos residuos non incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia, especialmente coas consellerías de Sanidade no control da xestión dos residuos producidos nos establecementos sanitarios e de Medio Rural no control da xestión dos residuos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras.

l) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da lexislación sobre calidade dos solos.

m) A tramitación dos procedementos sometidos á lexislación sobre solos potencialmente contaminados.

n) A xestión da recuperación de solos contaminados.

o) A acreditación de entidades para a realización de investigacións e recuperacións da calidade do solo.

p) A xestión, coordinación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas.

q) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.3.2.1. Servizo de Planificación, Prevención e Información.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á planificación, prevención e información en materia de residuos.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.3.2.2. Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao control da xestión de residuos e da calidade dos solos.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.3.2.3. Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á xestión, coordinación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.4. Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

a) A xestión dos sistemas de observación ambiental.

b) O impulso, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación en materia ambiental, en especial no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e a promoción, coordinación e elaboración de estudos prospectivos en materia ambiental.

c) A planificación, deseño e realización de proxectos de investigación, propostas técnicas e programas de formación en colaboración cos centros de investigación nacionais e internacionais, entidades oficiais e particulares e a súa difusión e divulgación.

d) A xestión do sistema de observación e predición meteorolóxica de Galicia e a súa difusión.

e) A modelización das condicións ambientais e do funcionamento dos ecosistemas terrestres e mariños de Galicia e análise de escenarios de cambios ambientais futuros.

f) A participación no desenvolvemento de plans de continxencia fronte a catástrofes naturais ou antropoxénicas, sen prexuízo das competencias que neste eido corresponden á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

g) A prestación de servizos de asistencia científico-técnica aos sectores sociais e industriais e aos/ás xestores/as públicos/as en materia ambiental.

h) A xestión da Rede de Observación Ambiental de Galicia, que inclúe a rede de seguimento do estado ecolóxico das augas de Galicia, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía e Industria, no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) A coordinación e mantemento dunha rede de observación dos solos de Galicia que sexa representativa dos sistemas edáficos galegos e forneza información sobre as súas características físicas, químicas e biolóxicas, xerando e facendo públicos os indicadores dos sistemas edáficos de Galicia calculados a partir das variables determinadas na rede de observación.

j) A coordinación e seguimento da estratexia galega fronte ao cambio climático.

k) As actuacións relacionadas co cumprimento do Protocolo de Quioto.

l) As funcións de control das redes de calidade do aire e do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.

m) A aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

n) A elaboración e seguimento de inventarios de emisións de gases de efecto invernadoiro.

ñ) O asesoramento e asistencia aos concellos en materia de aplicación da normativa contra a contaminación acústica de Galicia.

o) A xestión dos órganos de participación da consellería relativos á integración ambiental.

p) A xestión dos sistemas de información ambiental e coordinación das bases de datos ambientais de Galicia a través do mantemento e mellora do Sistema de Información Ambiental de Galicia (Siam).

q) A potenciación e establecemento de procedementos que garantan a distribución da información ambiental á cidadanía que a requira.

r) A xestión do punto focal da Rede Eionet da Axencia Europea do Medio Ambiente.

s) A promoción das iniciativas sociais relativas á difusión e divulgación ambiental.

t) O deseño, execución e seguimento de programas, accións e actividades formativas de concienciación ambiental dirixidas ao conxunto da sociedade.

u) Os estudos, análises e informes técnicos sobre establecemento de parámetros, técnicas e procedementos analíticos previstos nas normas ambientais.

v) A desclasificación de residuos perigosos.

w) O seguimento dos resultados das redes de control e vixilancia da calidade das augas continentais e marítimas de Galicia, en coordinación coa Administración hidráulica e pesqueira.

x) O soporte analítico das actuacións da secretaría xeral.

y) O desenvolvemento e posta en marcha de novos métodos analíticos instrumentais.

z) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

2.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.4.2.1. Servizo de Observación e Prospección Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao impulso, promoción, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación en materia de ambiente así como á prevención do cambio climático.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.4.2.2. Servizo de Participación e Información Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á coordinación e execución de actividades informativas e formativas relacionadas coa protección e mellora do ambiente.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.4.2.3. Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao soporte analítico das actuacións da secretaría xeral.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

Capítulo V

Das direccións xerais

Sección primeira

Da Dirección Xeral de Infraestruturas

Artigo 14º.-Funcións e estrutura.

1. A Dirección Xeral de Infraestruturas exercerá as funcións de impulso, xestión e coordinación das políticas atribuídas á consellería nos ámbitos da planificación, financiamento, construción de estradas e do seu uso e defensa e, en particular, corresponderanlle:

a) O exercicio das funcións que a normativa reguladora das distintas infraestruturas, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente na materia.

b) A elaboración de directrices de coordinación e planificación que garantan a coherencia e funcionalidade do sistema viario da comunidade autónoma.

c) A emisión de informe nos procedementos de aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación do territorio e dos instrumentos de ordenación urbanística que afecten directamente a rede viaria de titularidade autonómica.

d) A elaboración, seguimento, supervisión, control e aprobación técnica da planificación operativa dos plans e proxectos sectoriais, así como dos estudos informativos, de impacto ambiental, anteproxectos e proxectos en materia de estradas, incluso as actuacións relativas a redes arteriais, no ámbito das súas competencias.

e) As propostas de normativa e instrucións técnicas e administrativas para as estradas de titularidade autonómica, provincial e municipal, así como o estudo e desenvolvemento de novas técnicas de realización de estradas.

f) A elaboración dos plans, programas de actuacións e orzamentos e o control e axuste destes, en relación coas estradas que sexan titularidade da comunidade autónoma.

g) A xestión dos expedientes expropiatorios necesarios para a construción ou establecemento de infraestruturas.

h) A xestión e tramitación de expedientes de contratación administrativa en materias incluídas no ámbito das súas competencias.

i) A xestión, coordinación e control da construción de infraestruturas e as súas incidencias.

j) O inventario, a explotación, conservación e sinalización das estradas e servizos complementarios na zona de dominio público das estradas, sen prexuízo das competencias que correspondan aos órganos competentes en materia de patrimonio da comunidade autónoma.

k) A tramitación e, se é o caso, resolución de autorizacións administrativas en materia de instalacións de servizo ou concesións de áreas de servizo na área de influencia das estradas de titularidade autonómica.

l) A xestión de vías de alta capacidade realizadas baixo a modalidade de concesión de obra pública ou xestión directa, así como o seguimento e coordinación xeral dos procesos asociados para a construción, conservación e explotación desta ao longo do período concesional.

m) A xestión e tramitación de expedientes de subvencións en materias incluídas no ámbito das súas competencias.

n) A elaboración e tramitación de convenios de cooperación con entes públicos e de colaboración con particulares no marco das competencias atribuídas a este centro directivo.

o) A resolución de expedientes sancionadores por comisión de infraccións tipificadas como graves na normativa de estradas.

p) O informe, proposta e, se é o caso, resolución dos recursos interpostos en materia de estradas.

q) A instrución, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

r) A coordinación dos servizos territoriais de infraestruturas.

2. A persoa titular da Dirección Xeral de Infraestruturas tamén será a delegada da Xunta de Galicia nas sociedades galegas concesionarias de autoestradas de peaxe e, como tal, exercerá as funcións que corresponden á delegación da Xunta de Galicia nas sociedades galegas concesionarias de autoestradas de peaxe, creada no Decreto 390/1996, do 31 de outubro.

3. Baixo a dependencia directa da persoa titular da dirección xeral, existirán, con nivel orgánico de servizo, as seguintes unidades:

3.1. Servizo de Coordinación Administrativa.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A redacción dos proxectos de disposicións de carácter xeral que corresponda propoñer á dirección xeral.

b) A emisión dos informes encomendados pola persoa titular da dirección xeral.

c) A proposta e impulso de medidas de coordinación da actividade administrativa das distintas unidades da dirección xeral.

d) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

3.2. Servizo de Apoio Técnico.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A elaboración, tramitación, seguimento e execución de convenios de cooperación con entes públicos e de colaboración con particulares no marco das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Infraestruturas.

b) A elaboración de respostas en relación aos requirimentos e peticións formuladas polo/a Valedor/a do Pobo, Defensor/a do Pobo e outros órganos e institucións no ámbito das funcións da dirección xeral.

c) A tramitación de procedementos de transferencia de titularidade de estradas autonómicas a entidades locais, así como a transferencia de titularidade de estradas entre entes locais.

d) A xestión do capítulo II dos orzamentos da dirección xeral.

e) A elaboración de pregos de cláusulas administrativas particulares aplicables aos contratos que celebra a Dirección Xeral de Infraestruturas.

f) A emisión de informes sobre proxectos de obras.

g) A asistencia e xestión de cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

3.3. Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A redacción de propostas de resolución de expedientes sancionadores por comisión de infraccións tipificadas como graves na normativa de estradas.

b) A redacción de informes e, se é o caso, das propostas de resolución dos recursos interpostos en materia de estradas, así como a instrución, tramitación e redacción de propostas de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das competencias da dirección xeral.

c) A elaboración de informes en relación coas materias competencia da dirección xeral.

d) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

3.4. Subdirección Xeral de Planificación e Programación.

3.4.1. A Subdirección Xeral de Planificación e Programación exercerá as seguintes funcións:

a) A elaboración de directrices de coordinación e planificación que garantan a coherencia e funcionalidade do sistema viario da comunidade autónoma e a coordinación entre os distintos medios de transporte, de xeito que se potencie a súa intermodalidade.

b) A elaboración, seguimento, e control da planificación operativa en materia de estradas.

c) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas de proxectos, expropiacións, estudos informativos e plans e programas de actuacións.

d) A tramitación dos expedientes de expropiación forzosa que sexan obxecto de declaración de utilidade pública e urxente ocupación de actuacións en materia de estradas.

e) A elaboración de orzamentos correspondentes ás actuacións da súa competencia, así como realizar o seu control e axuste.

f) A supervisión dos anteproxectos e proxectos en materia de estradas, plans sectoriais, estudos informativos e estudos de impacto ambiental, así como a proposta de aprobación técnica destes instrumentos.

g) O seguimento e coordinación xeral dos procesos asociados para a construción de vías de alta capacidade realizadas baixo a modalidade de concesión de obra pública.

h) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

3.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.4.2.1. Servizo de Planificación e Programación.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A elaboración de informes nos procedementos de aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación do territorio e dos instrumentos de ordenación urbanística que afecten directamente a rede viaria de titularidade autonómica.

b) A elaboración, seguimento, e control dos plans e proxectos sectoriais, así como dos estudos informativos, de impacto ambiental e anteproxectos en materia de estradas, incluso as actuacións relativas a redes arteriais, no ámbito das súas competencias.

c) A preparación de instrucións técnicas relativas ás actuacións de planificación e programación que leve a cabo.

d) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.4.2.2. Servizo de Proxectos.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A elaboración, seguimento, e control dos proxectos en materia de estradas, en coordinación coas funcións que, nesa materia, desenvolvan as subdireccións xerais de Estradas e demais unidades da Dirección Xeral de Infraestruturas.

b) A preparación de instrucións técnicas relativas ás actuacións de proxectos, que leve a cabo.

c) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.4.2.3. Servizo de Xestión Económico-Administrativa.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias.

b) O seguimento e a coordinación de xestión económica e orzamentaria.

c) Os pagamentos relativos aos expedientes expropiatorios.

d) A xestión dos expedientes de contratación administrativa promovidos pola dirección xeral.

e) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.4.2.4. Servizo de Xestión de Vías de Alta Capacidade.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Tramitación, xestión e control dos contratos de concesión de obra pública en coordinación coas subdireccións xerais de Estradas e de Seguridade Vial e Inspección nos labores que nesta materia se realicen para as vías de alta capacidade en réxime de concesión e coa xestión dos sistemas intelixentes de transporte.

b) Coordinación e control das actuacións cuxa contraprestación sexa o pagamento dunha tarifa por parte da Administración.

c) A emisión de informes nos procedementos de autorizacións a terceiros/as, preceptivos para todo tipo de obras, instalacións, edificacións, peches e calquera outra actividade que afecte a terreos comprendidos na área de influencia das vías de alta capacidade en réxime de concesión.

d) Emisión de informes relativos aos expedientes de sanción e restitución do medio físico en materia de estradas polas infraccións que tipifica a Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia relacionados coas actuacións referidas nos apartados a) e b).

e) Labores de inspección de proxectos técnicos elaborados no ámbito dos contratos de concesión de obra pública.

f) Labores de inspección da construción no ámbito dos contratos de concesión de obra pública.

g) Labores de inspección de explotación no ámbito das actuacións referidas nas letras a) e b).

h) Realización de traballos de contido económico-financeiro relativos ás actuacións referidas nas letras a) e b).

i) Arquivo da información relativa ás vías explotadas en réxime de colaboración público-privada.

j) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.4.2.5. Servizo de Supervisión de Proxectos.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A supervisión e o informe, en función das disposicións de carácter legal ou regulamentario e da normativa técnica aplicable, dos anteproxectos e proxectos en materia de estradas, plans sectoriais, estudos informativos e estudos de impacto ambiental.

b) A proposta de criterios e orientacións de carácter técnico para a súa inclusión, se é o caso, nas instrucións técnicas de estradas.

c) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.5. Subdirección Xeral de Estradas.

3.5.1. A Subdirección xeral de Estradas exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión, coordinación e control da construción de estradas e as súas incidencias.

b) A preparación de instrucións técnicas relativas á execución de estradas, así como o estudo e desenvolvemento de novas técnicas para a súa construción.

c) A tramitación, coa colaboración dos servizos de infraestruturas dos departamentos territoriais, dos expedientes de expropiación forzosa, logo de efectuada a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación, e sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos en canto á súa xestión económica.

d) O inventario, a explotación, conservación e sinalización das estradas e dos servizos complementarios na zona de dominio público.

e) A tramitación e proposta de resolución dos expedientes relativos ás autorizacións administrativas en materia de instalacións de servizo ou concesións de áreas de servizo na área de influencia das estradas de titularidade autonómica.

f) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas e plans, así como calquera outro instrumento preciso relativo á conservación e explotación de estradas, no marco das actuacións definidas no número 1, letra d), do artigo anterior.

g) A preparación de instrucións técnicas en materia de conservación e explotación de estradas.

h) A elaboración de estudos e a coordinación técnica das actuacións da dirección xeral en materia de seguridade viaria.

i) A elaboración de orzamentos correspondentes ás actuacións da súa competencia, así como realizar o seu control e axuste.

j) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

3.5.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.5.2.1. Servizo de Obras.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) O seguimento dos expedientes dos contratos de obras en materia de estradas, agás os relativos á conservación, seguridade viaria, e os realizados baixo a modalidade de concesión de obra pública.

b) A preparación dos pregos de prescricións técnicas e o seguimento posterior á súa contratación, dos expedientes dos contratos de servizos complementarios á execución das obras, agás os relativos á conservación, seguridade viaria, e os realizados baixo a modalidade de concesión de obra pública.

c) A tramitación e seguimento dos expedientes de reposición de servizos afectados polas obras en materia de estradas.

d) A proposta e participación no estudo e desenvolvemento de novas técnicas de realización de estradas.

e) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.5.2.2. Servizo de Conservación.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A xestión, coordinación e control da construción de infraestruturas e as súas incidencias relativo á conservación, explotación e seguridade viaria de estradas.

b) A coordinación cos servizos de infraestruturas dos departamentos territoriais no relativo á conservación, e seguridade viaria de estradas.

c) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

3.5.2.3. Servizo de Explotación.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A redacción do plan de aforos e a súa explotación.

b) A tramitación dos expedientes das autorizacións administrativas en materia de instalacións de servizo ou concesións de áreas de servizo.

c) A coordinación cos servizos de infraestruturas dos departamentos territoriais no relativo á explotación de estradas.

d) Coordinar e desenvolver os sistemas intelixentes de transporte que se instalen nas estradas autonómicas.

e) Calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, se lle encomende.

Sección segunda

Da Dirección Xeral de Mobilidade

Artigo 15º.-Funcións e estrutura.

1. A Dirección Xeral de Mobilidade exercerá as funcións de impulso, xestión e coordinación das políticas atribuídas á consellería nos ámbitos da planificación, financiamento e ordenación do transporte e, en particular, exercerá as seguintes:

a) A planificación, a coordinación e o seguimento da política xeral de transportes e a execución dos servizos e das infraestruturas de transportes na comunidade autónoma.

b) A promoción da investigación sobre transporte, loxística e mobilidade, e o asesoramento ao departamento nestas materias.

c) O estudo e elaboración de proxectos normativos no ámbito das súas funcións.

d) A ordenación do transporte terrestre, por cable e marítimo no ámbito competencial da comunidade autónoma. No marco desta función, desenvolverá todas aquelas atribucións que lle estean conferidas polas disposicións vixentes na materia e, singularmente:

-O outorgamento das autorizacións fixadas pola normativa sectorial habilitantes para o desenvolvemento da actividade de transporte.

-O outorgamento de autorizacións para a prestación de servizos de transporte público regular de viaxeiros/as de uso especial ou temporal.

-A proposta de adxudicación da explotación dos servizos públicos regulares permanentes de persoas viaxeiras de uso xeral, por concesión ou calquera outro modo de contratación.

-O rexistro de empresas, vehículos, autorizacións, asociacións ou actividades relacionadas co transporte e a loxística.

e) A planificación e execución das políticas de control e inspección dos diversos modos de transporte, e a tramitación e resolución dos expedientes sancionadores incoados así como a dos recursos administrativos que se formulen contra as resolucións recaídas en tal clase de expedientes.

f) O estudo, análise e implantación de plans e proxectos de fomento do transporte público e a mobilidade sustentable, o control e supervisión dos sistemas de información e xestión automatizados, a coordinación dos transportes urbanos cos interurbanos e o fomento de melloras nos elementos móbiles do transporte.

g) A planificación, coordinación e execución da oferta intermodal de transporte na comunidade autónoma e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as, e a proposta de adxudicación e explotación das terminais de transportes de viaxeiros/as.

h) A promoción, proxección, construción e xestión dos centros integrados de transporte e de plataformas para as actividades do transporte e a operatividade loxística de mercadorías.

i) O control das actividades de transportes en portos, aeroportos e heliportos, non cualificados de interese xeral polo Estado.

j) A programación de investimentos, obras e instalacións de transportes por estrada, ferrocarril, aéreo e por cable e o réxime administrativo, dirección, inspección e control delas.

k) O desenvolvemento da xestión administrativa en materia de transporte e, singularmente:

-Resolución ou, se é o caso, informe e proposta dos recursos interpostos dentro do ámbito da súa competencia.

-Tramitación dos expedientes de contratación e de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.

-Instrución, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración no ámbito das súas competencias.

l) A coordinación da actividade dos servizos territoriais de Mobilidade.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, e para o adecuado exercicio das competencias enumeradas no artigo anterior, a Dirección Xeral estructúrase nas seguintes unidades administrativas, e ás que corresponderán as funcións que a continúan se detallan:

2.1. Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

2.1.1. A Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión administrativa en relación cos servizos adscritos, así como cos servizos provinciais, en materia de ordenación do transporte.

b) O estudo e proposta de resolución en materia de concesións e autorizacións.

c) O apoio e asistencia á dirección xeral en materia de estudo, elaboración de proxectos e informes sobre textos legais ou sobre materias que a propia dirección xeral lle encomende, coordinación do transporte, asistencia na coordinación con outras administracións ou entidades en actuacións referentes ao transporte, e control e avaliación da xestión encomendada á dirección xeral.

d) A coordinación da Xunta Arbitral de Transportes.

e) A xestión das liñas de axudas en materia de transportes.

f) A coordinación da formación e a cualificación profesional no sector do transporte.

g) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Dirección Xeral.

2.1.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte contará cos seguintes servizos:

2.1.2.1. Servizo de Concesións.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Terá atribuído o estudo e proposta de resolución en materia de servizos de transporte público de viaxeiros/as por estrada, regular e temporal, así como o apoio e coordinación da xestión administrativa dos servizos territoriais.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.2. Servizo de Estudos e Planificación Económica.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Estudo, programación e valoración económicas das propostas e plans de actuación a desenvolver pola Dirección Xeral e a coordinación dos plans de actuación que, en materia de mobilidade poña en marcha a Dirección Xeral.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Dirección Xeral.

2.1.2.3. Servizo de Estudos e Apoio Xurídico.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Asume as funcións de apoio nas actividades desenvolvidas en materia normativa así como a proposta de resolución e seguimento das liñas de axudas en materia de transporte e a resolución ou, se é o caso, informe e proposta dos recursos interpostos no ámbito da ordenación dos transportes.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.4. Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Correspóndelle a levanza da secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e a coordinación da xestión administrativa en materia de autorizacións habilitantes para a actividade de transporte.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

2.2.1. A Subdirección Xeral de Inspección do Transporte exercerá as seguintes funcións:

a) En relación coa función de control do cumprimento da normativa reguladora dos transportes, corresponderalle a elaboración dos correspondentes plans e programas de actuación na dita área, así como o control e avaliación do seu cumprimento.

b) En relación coa vulneración da normativa reguladora dos transportes, corresponderalle a tramitación dos expedientes sancionadores incoados e, de conformidade coas normas de atribución de competencias, a súa resolución e a dos recursos administrativos que se presenten.

c) Nas ditas áreas inspectora e sancionadora corresponderalle a coordinación xeral da xestión administrativa que en tales ámbitos desenvolvan os servizos adscritos e os servizos territoriais.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Dirección Xeral.

2.2.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte contará cos seguintes servizos:

2.2.2.1. Servizo de Inspección.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A coordinación xeral das funcións de programación, dirección e avaliación da actuación inspectora en materia de transportes desenvolta no territorio da comunidade autónoma.

b) O asesoramento e colaboración coas empresas de transporte, para os efectos de facilitarlles o cumprimento das obrigas formais e materiais que lles incumben.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.2.2.2. Servizo de Informes e Recursos.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) A incoación dos expedientes sancionadores iniciados como consecuencia da formulación das oportunas actas ou informes que subscriba o persoal inspector adscrito aos servizos centrais, así como a tramitación de tales expedientes e a dos instruídos nos servizos territoriais.

b) A tramitación dos recursos administrativos que se formulen contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Planificación Técnica.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Planificación Técnica exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e análise de plans e proxectos de fomento do transporte público e a mobilidade sostible.

b) O estudo, proposta e programación as actuacións que, en materia de transportes, poidan corresponder ao ámbito de actuacións da Dirección Xeral.

c) A xestión e coordinación das accións que se leven a cabo en materia de aeródromos na comunidade autónoma.

d) Seguimento das actuacións que respecto do transporte ferroviario se desenvolvan por outras administracións públicas distintas da comunidade autónoma.

e) A planificación, coordinación e execución da oferta intermodal de transporte na comunicade autónoma e das infraestruturas do transporte de viaxeiros/as, así como a proposta da súa adxudicación e explotación.

f) Os cometidos que se lle atribúan en desenvolvemento das actuacións que en materia de infraestruturas de transporte sexan desenvoltas pola dirección xeral.

g) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Planificación Técnica contará cos seguintes servizos:

2.3.2.1. Servizo de Infraestruturas.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Supervisión técnica das infraestruturas de transporte de viaxeiros/as existentes na comunidade autónoma.

b) Planificación e execución de novas actuacións destinadas ao uso dos/as viaxeiros/as do transporte público colectivo así como dos elementos complementarios destas.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral.

2.3.2.2. Servizo de Xestión Económica.

Correspóndelle as seguintes funcións:

a) De conformidade co previsto no paragrafo 1 deste artigo, baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, existirá o Servizo de Xestión Económica e ao que lle corresponderán as funcións inherentes á xestión económica, así como as derivadas da preparación e tramitación dos expedientes de contratación.

b) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral.

Sección terceira

Da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

Artigo 16º.-Competencias.

1. A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe exercerá as competencias e funcións en materia de paisaxe e de promoción do desenvolvemento sustentable da sociedade galega e, así mesmo, exercerá as correspondentes competencias e funcións inherentes a dirección, planificación e xestión da ordenación do territorio que ten atribuídas a consellería.

2. Para o exercicio das súas funcións estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Promoción e Participación da Sostibilidade.

Baixo a dependencia directa da persoa titular da dirección xeral, esta unidade, con nivel orgánico de servizo, terá atribuídas as funcións de:

a) Elaboración de estratexias e programas que contribúan a conseguir o apropiado nivel de desenvolvemento sustentable, o establecemento das medidas necesarias para a súa efectiva implantación e aquelas que fomenten a participación cidadá.

b) Impulso, promoción, desenvolvemento e coordinación das iniciativas adoptadas por entidades públicas e privadas creadas para o establecemento das estratexias de desenvolvemento sustentable.

c) Análise en colaboración coas distintas consellerías e con outros organismos públicos e privados de indicadores relacionados co desenvolvemento sustentable así como apoio técnico á difusión, comunicación e formación en materia de sustentabilidade das actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia.

d) Impulso, coordinación e seguimento da elaboración das iniciativas e programas de sustentabilidade local, Axendas 21 locais impulsados pola consellería, así como a xestión de proxectos destinados á creación de núcleos piloto de sustentabilidade para a concreción na aplicación das directrices e plans de ordenación de ámbito autonómico.

e) Coordinación e impulso de proxectos de cooperación externa para a implantación do desenvolvemento sustentable.

f) Estudo do conxunto das actividades de educación ambiental desenvolvidas polas diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma.

g) Promoción, deseño, execución e seguimento de programas, accións e actividades formativas de concienciación para a sustentabilidade dirixidas ao conxunto da sociedade.

h) Elaboración e promoción de programas e módulos tendentes á integración do medio ambiente e da sustentabilidade no currículo educativo das ensinanzas regradas para os efectos da súa proposta á Administración educativa e fomento da implantación das Axendas 21 escolares nos centros educativos.

i) Revisión, execución, seguimento e perfeccionamento da estratexia galega de educación ambiental.

j) Calquera outra que lle encomende a persoa titular da Dirección Xeral.

2.2. Servizo de Coordinación e Información Territorial.

O Servizo de Coordinación e Información Territorial exercerá as seguintes funcións:

a) Elaboración, mantemento e actualización da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos da consellería, así como a xestión das encomendas recibidas doutros departamentos ou organismos da Xunta de Galicia, ou administracións relacionadas con esta materia.

b) Coordinación e difusión da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos territoriais das diferentes consellerías e organismos públicos da comunidade autónoma, así como o apoio técnico á difusión e formación de actuacións en materia de información xeográfica desenvolvidas pola Xunta de Galicia ou en coordinación con ela.

c) Xestionar os sistemas de información corporativos vinculados ao territorio a partir das bases de datos cartográficas e espaciais existentes na consellería e o resto de organismos da Xunta de Galicia que así o demanden, así como calquera outra información que poida localizarse sobre o territorio e que sexa susceptible de ser incorporada coa súa referencia xeográfica para a creación da Infraestrutura de Datos Espaciais.

d) Calquera outra que lle encomende a persoa titular da Dirección Xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Paisaxe e Territorio.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Paisaxe e Territorio exercerá as seguintes funcións:

a) A protección, xestión e ordenación da paisaxe.

b) Posta en marcha de instrumentos para a protección xestión e ordenación das paisaxes de Galicia, tales como os catálogos da paisaxe de Galicia, as directrices de paisaxe, os estudos de impacto e integración paisaxística, os plans de acción da paisaxe en áreas protexidas, así como calquera outro que se entendera como necesario para o cumprimento dos puntos anteriores.

c) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación anteriormente sinalados.

d) A programación, dirección e control da política de ordenación do territorio e do litoral.

e) A elaboración e tramitación administrativa das directrices de ordenación do territorio e os restantes instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.

f) A elaboración e tramitación administrativa do Plan de ordenación do litoral previsto pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

g) A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.

h) A elaboración de informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa devandita lei e a normativa de instrumentos que a desenvolvan.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a Subdirección Xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.3.2.1. Servizo de Paisaxe.

Correspóndenlle as funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á área temática da paisaxe e, en xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outras funcións que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección xeral.

2.3.2.2. Servizo de Ordenación territorial.

Correspóndenlle as funcións encomendadas á Subdirección Xeral no que atinxe á área temática da ordenación do territorio e, en xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outras funcións que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da Subdirección Xeral.

Título III

Dos departamentos territoriais da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Artigo 17º.-Departamentos Territoriais.

1. Para o exercicio das súas competencias a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas organízase nos departamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra que desenvolverán as súas funcións no ámbito provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

2. Á fronte de cada departamento territorial estarán os/as xefes/as territoriais que exerceránas seguintes funcións:

a) A dirección, despacho e proposta de resolución dos asuntos ordinarios.

b) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos do departamento territorial.

d) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais do departamento territorial.

e) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia do departamento territorial.

g) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

3. Integran cada un dos departamentos territoriais os seguintes servizos:

3.1. Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

Desenvolverá as funcións propias da consellería sobre calidade e avaliación ambiental así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.2. Servizo de Contratación.

Desenvolverá as funcións propias da consellería en materia de contratación así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.3. Servizo de Urbanismo.

Desenvolverá as funcións propias da consellería en materia de urbanismo así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.4. Servizo de Infraestruturas.

Desenvolverá as funcións propias da consellería en materia de infraestruturas, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3.5. Servizo de Mobilidade.

Desenvolverá as funcións propias da consellería en materia de mobilidade así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

Disposicións adicionais

Primeira.-No non previsto neste decreto, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade dos titulares das direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polos/as directores/as xerais da consellería, seguindo a orde de prelación que se establece no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segunda.-As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non previstas neste decreto enténdense atribuídas aos/ás xefes/as territoriais desta consellería.

Disposicións transitorias

Primeira.-Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase o/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por proposta da Secretaría Xeral, para adscribir ao persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Segunda.-As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por orde do/a conselleiro/a por proposta da Secretaría Xeral, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; o Decreto 188/2008, do 28 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; así como cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao establecido neste decreto ou o contradigan.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para ditar as disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas