DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 08 de xuño de 2009 Páx. 9.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se procede a darlle publicidade á aprobación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2009/2010 nas escolas infantís 0-3 dependentes deste departamento.

Con data do 9 de marzo de 2009 publicouse a Orde do 2 de marzo de 2009, pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2009/2010.

Publicada a relación provisoria das prazas e estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola/o xefa/xefe territorial, procedeuse á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web (http://benestar.xunta.es) e (http://www.galescolas.net) e nos respectivos centros, de acordo co establecido no artigo 13 da citada orde.

As reclamacións presentadas ao abeiro do artigo 12 da orde contra as listas provisorias enténdense resoltas coa publicación da lista definitiva de adxudicatarias/os de praza no departamento territorial, nas páxinas web mencionadas e nos respectivos centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido, de conormidade coa orde, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado de certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web (http://benestar.xunta.es) e (http://www.galescolas.net).

De non formalizar a matrícula da/do nena/o no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de maio de 2009.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña