DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 08 de xuño de 2009 Páx. 9.801

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de adhesión da Fundación Deporte Galego ao Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Visto o texto do acordo de adhesión da Fundación Deporte Galego ao Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 213, do 3 de novembro de 2008, que se subscribiu con data do 25 de marzo de 2009, dunha parte en representación do ente público Fundación Deporte Galego, a directora xeral para o Deporte, e doutra, o delegado de persoal, en representación dos traballadores do convenio laboral afectado, e de conformidade co disposto no artigo 92.1º, en relación co artigo 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do referido acordo de adhesión no correspondente rexistro desta dirección xeral, con notificación á comisión negociadora.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais