DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 08 de xuño de 2009 Páx. 9.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega nas áreas da transmisión familiar e da mocidade que desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Resolución do 22 de decembro de 2008.

A Resolución do 22 de decembro de 2008 (DOG do 31 de decembro) regula a concesión de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega nas áreas da transmisión familiar e da mocidade que desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ao abeiro do artigo 4 da devandita resolución, esta secretaría

DISPÓN:

Artigo 1º

A concesión de axudas na contía que se indica aos proxectos relacionados no anexo I. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na resolución de convocatoria do 22 de decembro de 2008.

Artigo 2º

Desestimar as solicitudes que aparecen relacionadas no anexo II por non atender o requirimento de emenda de erros en forma e/ou no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou por se tratar de propostas de entidades que non son suxeitos desta convocatoria segundo o estipulado no seu artigo 2. Neste caso identifícanse cun asterisco á dereita do solicitante.

Artigo 3º

Excluír os proxectos relacionados no anexo III por seren presentados fóra do prazo establecido na Resolución do 22 de decembro de 2008.

Artigo 4º

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 5º

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento do disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2009.

Anxo M. Lorenzo Suárez

Secretario xeral de Política Lingüística

Ver referencia pdf "11000D005P025.PDF"

Lenda epígrafe motivo de denegación:

1. O proxecto non alcanza a puntuación mínima (artigo 7º, derradeiro parágrafo, da convocatoria).

2. O proxecto non se adapta ao obxecto desta convocatoria (artigo 1º).

3. O proxecto inclúe actividades que xa foron subvencionadas nalgunha das convocatorias de anos anteriores (2006-2008) (artigo 7º, derradeiro parágrafo).

Ver referencia pdf "11000D005P025.PDF"