DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 04 de xuño de 2009 Páx. 9.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2009 pola Consellería do Mar (antiga Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2009.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo

Secretario xeral da Consellería do Mar

Ver referencia pdf "10800D006P010.PDF"