DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 04 de xuño de 2009 Páx. 9.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 309/2009, do 21 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de acondicionamento da estrada PO-255, treito: Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns), e PO-241, treito: Caritel-A Lama, clave PO/07/033.01.

Con data do 18 de marzo de 2009 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, resolveu aprobar o proxecto de acondicionamento da estrada PO-255, treito: Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns), e PO-241, treito: Caritel-A Lama, clave PO/07/033.01.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución do proxecto de mellora de acondicionamento da estrada PO-255, treito: Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns) e PO-241, treito: Caritel-A Lama, vén motivada polas carencias e deficiencias desta estrada pois trátase dunha vía cun trazado moi antigo e moi sinuoso, cunha sinestrabilidade que, polas súas características (saídas de vía, colisións frontais), poderíamos vincular a estas deficiencias.

Estas circunstancias obrigan a unha inmediata actuación dos poderes públicos para preservar a seguridade tanto das persoas coma dos automobilistas, de aí a necesidade de proceder de forma inmediata a execución do proxecto de referencia e consecuentemente a unha urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para esta actuación os cales aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e un de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a súa execución, para efectos de expropiación no proxecto de acondicionamento da estrada PO-255, treito: Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns), e PO-241, treito: Caritel-A Lama, clave PO/07/033.01.

Pontevedra, vinte e un de maio de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas