O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009.
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
Ver referencia pdf "10800D001P006.PDF"