DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 02 de xuño de 2009 Páx. 9.422

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

DECRETO 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

Polo Decreto 79/2007, do 19 de abril , apróbase a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda e determínanse as competencias de cada un dos seus órganos, así como as funcións que desenvolverán as unidades que os integran.

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, que estará integrada por dez departamentos, entre os que se inclúen a Consellería de Facenda e unha nova consellería de Economía e Industria. O Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixa o organigrama dos departamentos da Xunta de Galicia, ordena a Consellería de Facenda en sete órganos superiores e adscríbelle dous organismos autónomos: o Instituto Galego de Estatística e o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, o ente público Centro Informático para Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable, e o Consello Económico e Social de Galicia.

Coa nova organización da Administración da Comunidade Autónoma, a Consellería de Facenda é a competente en materia de función pública e a Dirección Xeral da Función Pública, cuxas competencias se establecen no Decreto 37/2007, do 15 de marzo, que aprobou a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, intégrase neste departamento, ao que tamén se lle adscribe o Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, regulado polo Decreto 262/2001, do 20 de setembro.

O Decreto 245/2009, do 30 de abril, regula as competencias das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, entre cuxos órganos se configuran os departamentos territoriais que, sen prexuízo da súa integración na delegación territorial para os efectos de coordinación, dependen orgánica e funcionalmente da consellería correspondente por razón da materia. Á fronte de cada un dos departamentos territoriais está a xefa ou o xefe territorial.

Todos estes cambios na Administración da comunidade obrigan a reorganizar as unidades da consellería e redistribuír as súas competencias, co obxectivo da súa adecuación á nova estrutura orgánica e que poidan prestar un mellor servizo aos cidadáns.

Á Secretaría Xeral e do Patrimonio adscríbese unha nova unidade, unha xefatura de servizo de xestión económica, co obxecto de asumir o incremento de traballo pola tramitación dos expedientes que, en materia económica, xera a Dirección Xeral da Función Pública. Atribúese, así mesmo, a este órgano o mantemento e a custodia do Rexistro Xeral de Contratistas, cuxa xestión se realiza no ámbito da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, unidade en que se concentran as funcións relativas aos contratos do sector público. Os efectivos e as dotacións orzamentarias necesarios para dotar estas unidades e postos que se incorporan, traspasáronos as consellerías ás cales se atribuían as respectivas materias, polo que non se produce un incremento de gasto.

Á Subdirección Xeral de Análise e Coordinación sinálanselle as funcións de apoio técnico á persoa titular da consellería de que depende funcionalmente, relativas á realización de estudos e análises en materia económica competencia da Consellería de Facenda. Este órgano de asesoramento e estudo complétase con dúas novas unidades, con nivel orgánico de xefatura de servizo, que desenvolverán funcións de apoio e seguimento das distintas áreas, estudos e análise sobre actuacións de política económica e investimentos públicos.

Na estrutura da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma realízase un reaxuste que reflicte as modificacións das propia estrutura dos departamentos da Xunta de Galicia. O obxectivo deste reaxuste é a racionalización do persoal nas distintas unidades para reforzar as áreas máis deficitarias, paso necesario para reorientar as actuacións de control cara a un modelo baseado no control posterior e no control financeiro:

No ámbito da Dirección Xeral de Tributos a Unidade Rexional de Valoracións, con dependencia actual da Xefatura Territorial da Coruña, pasa a depender da Subdirección Xeral de Impostos Cedidos coa denominación de Unidade Central de Valoracións e funcións que comprenden os servizos de valoracións dos cinco departamentos territoriais.

Na Dirección Xeral de Política Financeira proponse o cambio na súa denominación, relativa ao Tesouro cuxa competencia ten atribuída. Así mesmo, acláranse e complétanse as súas competencias e as funcións das distintas unidades.

Intégrase na estrutura da consellería a Dirección Xeral da Función Pública, cuxo ámbito competencial é practicamente coincidente co vixente na actualidade é, dado que a Consellería de Facenda é a competente en materia de función pública, adscríbese a esta a Comisión de Persoal, órgano colexiado que se regula no texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

No que se refire aos órganos territoriais, adáptanse á nova estrutura organizativa da Xunta de Galicia e, especialmente ao previsto no Decreto 245/2009, do 30 de abril.

Por último, como consecuencia dos cambios na estrutura da Administración, debe interpretarse o contido dalgunhas disposicións vixentes para garantir así un correcto exercicio das súas competencias por parte da Consellería de Facenda, interpretación normativa que se realiza nas disposicións adicionais segunda a sexta do decreto de estrutura orgánica.

De acordo co exposto, por proposta da conselleira de Facenda, cos preceptivos informes favorables e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Título I

Organización xeral

Artigo 1º.-Ámbito competencial.

A Consellería de Facenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de facenda se establecen no Estatuto de autonomía, así como en materia de función pública, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 2º.-Estrutura da consellería.

1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia estrutúrase nos seguintes órganos:

-Conselleira/o.

-Secretaría Xeral e do Patrimonio.

-Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

-Dirección Xeral de Orzamentos.

-Dirección Xeral de Tributos.

-Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

-Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

-Dirección Xeral da Función Pública.

-Departamentos territoriais.

-Órganos colexiados.

2. Adscríbense á Consellería de Facenda as seguintes entidades:

-Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo de carácter administrativo que se axustará, en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento, ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia e as normas que a desenvolven.

-Tribunal Galego de Defensa da Competencia, organismo autónomo de carácter administrativo creado pola Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ente de dereito público creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

-Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

3. Adscritos á consellería existirán os órganos colexiados seguintes:

-A Xunta Superior de Facenda, creada coa denominación de Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulada polo Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, que modificou a súa denominación en virtude do exposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

-A Comisión Orzamentaria da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, creada polo Decreto 206/1996, do 24 de maio.

-A Comisión de Fondos Comunitarios, creada polo Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro.

-A Comisión de Nóminas, creada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de marzo de 2000.

-A Comisión de Seguimento e Control do Gasto Corrente, creada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2000.

-A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e regulada no artigo 20 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e polo Decreto 156/1988, do 9 de xuño.

Título II

Servizos centrais

Capítulo I

Artigo 3º.-A conselleira ou conselleiro.

A conselleira ou o conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investida/o das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo II

Sección primeira

A Secretaría Xeral e do Patrimonio

Artigo 4º.-Competencias.

Á Secretaría Xeral e do Patrimonio, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, correspóndenlle as competencias seguintes:

-As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como o exercicio daquelas que lle sexan delegadas pola persoa titular da consellería.

-A Presidencia da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no Decreto 237/2007, do 5 de decembro, polo que se crea a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a súa composición e funcións.

-A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.

-A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratos da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 198/1995, do 16 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Contratos na Comunidade Autónoma de Galicia.

-As competencias que as normas reguladoras do patrimonio da comunidade autónoma lle atribúen á Consellería de Facenda.

Artigo 5º.-Estrutura.

1. Para o exercicio das súas competencias a Secretaría Xeral e do Patrimonio estrutúrase nas unidades administrativas previstas nos artigos seguintes, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle asignen:

-A Vicesecretaría Xeral Técnica.

-A Subdirección Xeral do Patrimonio.

-A Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico e Defensa da Competencia.

-A Subdirección Xeral de Xestión Económica Patrimonial do Sector Público Empresarial.

-A Secretaría Xeral da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa.

2. Integradas organicamente na Secretaría Xeral e do Patrimonio, con nivel de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades administrativas:

2.1. A Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral. Contará cos postos que se determinen na correspondente relación de postos de traballo.

2.2. A Intervención Delegada. Desta unidade dependerán os postos que se determinen na relación de postos de traballo.

2.3. A Subdirección Xeral de Análise e Coordinación, con dependencia funcional da persoa titular da consellería, que realizará as seguintes funcións:

-Apoio técnico á persoa titular da consellería no ámbito da súa competencia.

-Análises e estudos socioeconómicos e da conxuntura económica.

-Estudos e traballos relativos á elaboración e seguimento da planificación económica.

-Estudo, seguimento e coordinación das competencias das distintas áreas da consellería propoñendo medidas encamiñadas á mellora do seu funcionamento.

2.3.1. Contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.3.1.1. O Servizo de Coordinación en materia de planificación económica e estatística, que realizará as seguintes funcións:

-Apoio ás funcións de coordinación e seguimento das competencias das áreas da consellería encomendadas á subdirección xeral.

-Análises e estudos sobre a planificación económica así como do seguimento de todas as actuacións relativas á política económica e investimentos públicos da comunidade autónoma, en coordinación coa Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

-Análise das estatísticas elaboradas en coordinación co Instituto Galego de Estatística e co Servizo de Estudos e Estatísticas da Secretaría Xeral e do Patrimonio, así como colaborar na súa preparación.

2.3.1.2. O Servizo de Coordinación en materia orzamentaria, que realizará as seguintes funcións:

-Apoio ás funcións de coordinación e seguimento das competencias das áreas da consellería encomendadas á subdirección xeral.

-Análises e estudos nas materias relativas á planificación, programación e orzamentación do sector público autonómico, en coordinación coa Dirección Xeral de Orzamentos.

3. O Servizo de Estudos e Estatísticas que, para o cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, estárá integrado orgánica e funcionalmente na Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo as seguintes funcións:

-Elaboración e difusión de estatísticas propias da consellería e dos organismos e entes públicos correspondentes.

-Elaboración das estatísticas ou fases delas que lle encomende o Plan Galego de Estatística e os seus programas estatísticos.

-Colaboración co Instituto Galego de Estatística na elaboración do anteproxecto do Plan Galego de Estatística e dos proxectos dos seus programas anuais.

-Colaboración co Instituto Galego de Estatística no deseño e na confección dos ficheiros-directorios que utilizarán os órganos e entes da Administración autonómica de Galicia.

-Análise das necesidades estatísticas da consellería e dos organismos e entes públicos correspondentes.

Sección segunda

A Vicesecretaría Xeral Técnica

Artigo 6º.-Funcións e estrutura.

1. A Vicesecretaría Xeral Técnica, con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

-Prestar asistencia ao/á secretario/a xeral e do Patrimonio en cantos asuntos este/a lle encomende para a coordinación dos servizos.

-Coordinar a elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, propoñer as actuacións concernentes ao réxime interno dos servizos da consellería e cantas disposicións afecten o seu funcionamento.

2. Contará coas seguintes unidades administrativas con nivel órgánico de servizo:

2.1. O Servizo de Xestión de Persoal, a que corresponde a xestión, control e coordinación de persoal dos servizos centrais e dos departamentos territoriais da consellería, a programación das necesidades do persoal dela e as funcións de habilitación dos gastos de persoal.

2.2. O Servizo de Control Orzamentario e Contratación, que levará a cabo o seguimento e a coordinación da execución orzamentaria e da contratación administrativa.

2.3. O Servizo de Xestión Económica, que realizará a tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto.

2.4. O Servizo de Réxime Interior, que realizará as seguintes funcións:

-A coordinación dos servizos xerais e da información da consellería.

-A distribución interna da documentación e a organización e estruturación da biblioteca e arquivos.

-A tramitación de expedientes de concesión de anticipos ao persoal.

Sección terceira

A Subdirección Xeral do Patrimonio

Artigo 7º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación e normalización do tráfico xurídico dos bens patrimoniais da comunidade autónoma e a forma de utilización dos bens de dominio público, así como a xestión de todos os asuntos concernentes á administración e ao tráfico dos ditos bens.

-O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á comunidade autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lles poidan corresponder a outros centros directivos da consellería.

2. Contará coas seguintes unidades administrativas con nivel órganico de servizo:

2.1. O Servizo Técnico de Inventario, que exercerá as seguintes funcións:

-Formación, actualización, valoración e mantemento do inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio da comunidade autónoma, establecendo as debidas conexións coa contabilidade patrimonial.

-Emisión de valoracións, ditames e informes facultativos en materia patrimonial.

-Tramitación dos expedientes de pagamento do imposto sobre bens inmobles.

-Realización de traballos técnicos nos procedementos de investigación e deslindamento dos bens inmobles que integran o patrimonio da comunidade autónoma.

2.2. O Servizo de Investigación Patrimonial e Obras, que exercerá as seguintes funcións:

-A realización de traballos facultativos propios das obras de construción, reforma, conservación e reparación dos edificios adscritos á Consellería de Facenda e daqueloutros que lle encomende a Secretaría Xeral e do Patrimonio; a recollida periódica de información sobre o estado de conservación, sistemas de seguranza e axeitamento á normativa do parque edificado.

-Control e inspección dos usos pola propia Administración dos seus bens inmobles e dereitos sobre eles; a elaboración de propostas para a súa mellor aplicación, sobre as distribucións e aproveitamento de espazos, así como para a resolución de conflitos entre consellerías sobre a distribución dos espazos adscritos.

2.3. O Servizo de Administración e Xestión Patrimonial, que exercerá as seguintes funcións:

-Tramitación dos expedientes relativos ao tráfico xurídico-administrativo dos bens e dereitos demaniais da comunidade autónoma.

-A administración e xestión dos bens e dereitos patrimoniais.

-A emisión de estudos, ditames e informes sobre o patrimonio da comunidade autónoma.

2.4. O Servizo de Xestión de Riscos e Seguros, que exercerá as seguintes funcións:

-Análise e valoración de riscos que poidan ameazar os distintos bens e dereitos que integren o patrimonio da comunidade autónoma, e daqueles non cubertos polos sistemas da Seguridade Social, para os que a garantía a cargo da Administración veña exixida convencional ou legalmente. Elaboración de propostas sobre a súa translación ou cobertura externa mediante a aplicación de técnicas actuariais ou a contratación de seguros privados.

-Coordinación das informacións necesarias relativas aos riscos asegurados, establecendo unha base de datos de sinistralidade válida para a toma de decisións.

-Elaboración e difusión de manuais de prevención e tramitación de sinistros entre as distintas consellerías e organismos autónomos.

-Centralización da xestión da contratación de seguros privados para a obtención de economías de escala.

2.5. O Servizo de Protección e Defensa Patrimonial, que exercerá as seguintes funcións:

-Protección xenérica e defensa extraxudicial do patrimonio da comunidade autónoma fronte a terceiras persoas incluíndo a interposición de reclamacións e recursos.

-Promover a inscrición ou anotación dos bens e dereitos da comunidade autónoma nos rexistros públicos correspondentes.

-A tramitación dos procedementos especiais de sucesión intestada a favor da comunidade autónoma.

Sección cuarta

A Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico e Defensa da Competencia

Artigo 8º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico e Defensa da Competencia, exercerá as seguintes funcións:

-Dirixir e supervisar o exercicio das funcións atribuídas ao Servizo Técnico-Xurídico.

-Prestarlle apoio administrativo e técnico-xurídico e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón desta competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral e do Patrimonio.

-A investigación e vixilancia dos mercados e mais a instrución dos expedientes sancionadores en materia de defensa da competencia, establecidos na normativa aplicable.

2. Contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

O Servizo Técnico-Xurídico, que exercerá as seguintes funcións:

-Informe e tramitación de todos os proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería, das compilacións, refundicións de normas e das publicacións e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados pola Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico e Defensa da Competencia.

-Estudo e tramitación dos recursos e reclamacións presentados contra os actos emanados da consellería cando a súa resolución non estea atribuída a outros órganos desta, así como a preparación e o informe dos asuntos que se teñan que elevar ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.

-A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.

Sección quinta

A Subdirección Xeral de Xestión Económica Patrimonial do Sector Público Empresarial

Artigo 9º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Xestión Económica Patrimonial do Sector Público Empresarial exercerá as seguintes funcións:

-Informe e elaboración das propostas para o exercicio das facultades que se atribúen a Consellería de Facenda nos artigos 44 e seguintes da vixente Lei do patrimonio da comunidade autónoma, así como o estudo das propostas de viabilidade económico-financeira na creación e disolución das empresas públicas, na procura da adopción de medidas tendentes á racionalización do sector público.

-Coordinación, xestión e proposta das directrices do tráfico xurídico das propiedades incorporais da comunidade autónoma, tal e como se dispón no capítulo segundo do título primeiro da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, para os asuntos concernentes á administración dos ditos bens.

2. Contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

O Servizo de Administración Empresarial, que exercerá as seguintes funcións:

-Xestión, tramitación, administración, conservación e elaboración das propostas de adquisición ou alleamento dos títulos representativos da participación da comunidade autónoma no capital das sociedades públicas ou participadas e das dos organismos autónomos.

-Proposición das instrucións que lles deberá cursar a Secretaría Xeral e do Patrimonio as e aos representantes do capital autonómico nos órganos sociais de goberno das ditas entidades mercantís.

Sección sexta

A Secretaría Xeral da Xunta Consultiva de

Contratación Administrativa

Artigo 10º.-Funcións e estrutura.

1. A Secretaría Xeral da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

-Estudar, elaborar e someter á consideración do Pleno da Xunta Consultiva e da Comisión Permanente, en ambos os casos a través da presidencia, as propostas de acordo en relación cos asuntos e expedientes da súa respectiva competencia.

-Redactar as actas das sesións e exercer as funcións propias das secretarías dos órganos colexiados previstas na normativa de procedemento administrativo.

-O control do rexistro xeral de Contratistas e calquera outras que lle atribúan as disposicións vixentes.

2. Contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

O Servizo de Apoio Técnico e do rexistro xeral de Contratistas: realizará funcións de colaboración e apoio á secretaría xeral, tanto de índole técnica como administrativa. En particular, corresponderalle o mantemento e a xestión do Rexistro Xeral de Contratistas e a ordenación e arquivo da documentación da Xunta Consultiva, así como as tarefas administrativas de trámite que se lle encomenden.

Capítulo III

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Artigo 11º.-Competencias.

1. Correspóndenlle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, as seguintes competencias:

-Efectuar o control interno da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o exercicio da función interventora e do control financeiro na forma e co contido previstos no capítulo I do título V da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

-A dirección e xestión da contabilidade pública na forma e co contido previstos nos capítulos II e III do título V da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na Orde do 1 de decembro de 1989, pola que se implanta un novo sistema de información contable na Administración da Xunta de Galicia.

-As actuacións de control financeiro de subvencións de acordo co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa de desenvolvemento.

-As actuacións de auditoría de fondos comunitarios que lle correspondan, de conformidade co establecido nos regulamentos comunitarios e a restante normativa de aplicación.

-A xestión da información económico-financeira e formulación de informes e propostas de actuación derivadas do exercicio das súas funcións contables e de control.

-Exercicio das demais funcións que ao devandito órgano lle asigna a lei e demais normativa de aplicación.

2. Son competencia propia da Intervención Xeral, sen prexuízo da súa delegación:

a) A fiscalización previa dos seguintes gastos:

-Os de contía indeterminada.

-Os que deben ser aprobados polo Consello da Xunta de Galicia ou afecten a máis dunha consellería.

-Aqueles que deban ser sometidos a informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia ou doutro alto órgano consultivo.

b) A emisión de informes de expedientes de gasto que deban ser sometidos á autorización do Consello da Xunta de Galicia.

c) A facultade de avocar a fiscalización previa de calquera acto ou expediente.

d) O nomeamento de representantes da Intervención Xeral así como a designación de funcionarias/os asesoras/es para a comprobación material das cantidades destinadas a obras, subministracións, adquisicións e servizos, de conformidade coa normativa aplicable en cada caso.

Artigo 12º.-Estrutura.

1. Da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma dependerán as seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de subdirección xeral, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinalan, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle asignen:

-A Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno.

-A Subdirección Xeral de Contabilidade.

-A Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións.

-A Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público.

-A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas.

-As intervencións delegadas nas consellerías.

2. Así mesmo, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma desenvolverá as funcións que son propias da súa competencia por si mesma ou a través dos seguintes órganos:

-As intervencións delegadas en cada consellería.

-As intervencións delegadas nos organismos autónomos, sociedades e noutros entes públicos da comunidade autónoma.

-As intervencións territoriais delegadas.

Sección primeira

A Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno

Artigo 13º.-Función e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno exercerá as seguintes funcións:

-Formular propostas de fiscalización previa de todos os actos da Administración que sexan competencia da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

-Estudo e proposta de resolución das discrepancias.

-Preparar os recursos e reclamacións que a Intervención Xeral teña que presentar, así como coñecer os que interpoñan as intervencións delegadas.

-Reclamar dos órganos competentes os asesoramentos xurídicos ou os informes técnicos que considere necesarios para o exercicio das funcións encomendadas relativas á función interventora.

-Exercer as funcións que, en relación á fiscalización previa limitada, lle outorga a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e de conformidade coas súas instrucións.

-Estudo e proposta das actuacións de control posterior da fiscalización limitada previa ou por mostraxe.

-Propoñer as normas e instrucións que sexan necesarias para o exercicio da función interventora.

-Substituír o/a interventor/a xeral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

2. Da Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno dependerán as seguintes unidades administrativas con nivel órganico de servizo:

2.1. O Servizo de Fiscalización e Xestión, que exercerá as seguintes funcións:

-Formular proposta de informes de fiscalización previa.

-Estudo e proposta de resolución das discrepancias que se susciten como consecuencia do exercicio da función fiscalizadora.

-Estudo e proposta sobre os recursos e reclamacións nos supostos recollidos nas disposicións vixentes.

2.2. O Servizo de Control Interno, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elaborar a proposta de actuacións de control posterior nos expedientes obxecto de fiscalización previa limitada ou por mostraxe.

-Elaboración de propostas de normas e instrucións para o exercicio do control posterior nos expedientes obxecto de fiscalización previa limitada ou por mostraxe en todas as súas modalidades.

-Estudo e coordinación dos informes de control posterior da fiscalización previa limitada.

-Estudo e seguimento das actuacións en materia de fiscalización por mostraxe.

-Elaboración de informes de resultados das actuacións de control posterior ou de fiscalización por mostraxe.

Sección segunda

A Subdirección Xeral de Contabilidade

Artigo 14º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Contabilidade exercerá as funcións seguintes:

-Levar e desenvolver a contabilidade financeira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Contabilizar todas aquelas operacións que, dada a súa natureza específica, non teñan que ser rexistradas nalgunha das oficinas contables que conforman a organización contable da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Agregar e integrar a información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.

-Preparar e examinar as contas a que se refire o artigo 118.1º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral lle deba render ao Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ao Tribunal de Contas, así como formular as observacións que se consideren necesarias.

-Preparar a documentación contable que teña que remitirse ao Parlamento de Galicia.

-Requirir as contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.

-Elaborar a información estatístico-contable que emita o centro.

-Elaborar e subministrar a información contable que os órganos de dirección da Xunta de Galicia precisen.

-Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan Xeral de Contabilidade Pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elaborar os plans parciais ou especiais conforme o devandito plan.

-Organizar a contabilidade en cantos centros, servizos e dependencias sexa necesario.

-Asesorar e propor a emisión de ditames en materia contable, en todo o que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, como centro directivo da contabilidade pública de Galicia.

-A explotación do sistema de información contable, a concesión de autorizacións para o seu uso, así como o deseño, desenvolvemento e implantación de novos subsistemas.

2. Da Subdirección Xeral de Contabilidade dependerán as seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Xestión Contable, que exercerá as seguintes funcións:

-Levar e desenvolver a contabilidade financeira da Xunta de Galicia.

-Contabilizar todas aquelas operacións que, dada a súa natureza específica, non teñan que ser rexistradas nalgunha das oficinas contables que conforman a organización contable da Administración da Xunta de Galicia.

-A explotación do sistema de información contable, a concesión de autorizacións para o seu uso, así como o establecemento e a modificación das táboas do sistema.

2.2. Servizo de Planificación Contable, que exercerá as seguintes funcións:

-Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan Xeral de Contabilidade Pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elaborar os plans parciais ou especiais conforme o devandito plan.

-Organizar a contabilidade en cantos centros, servizos e dependencias sexa necesario.

-Asesorar e propor a emisión de ditames en materia contable, en todo o que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, como centro directivo da contabilidade pública de Galicia.

-O deseño, desenvolvemento e implantación de novos subsistemas de información contable.

2.3. O Servizo de Contas e Análises Financeiras, que exercerá as seguintes funcións:

-Agregar e integrar a información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.

-Preparar e examinar as contas a que se refire o artigo 118.1º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral lle deba render ao Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ao Tribunal de Contas, así como formular as observacións que se consideren necesarias.

-Requirir as contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.

-Elaborar a información estatístico-contable que emita o centro.

-Elaborar e subministrar a información contable que os órganos de dirección da Xunta de Galicia precisen.

-Preparar a documentación contable que teña que remitirse ao Parlamento de Galicia.

Sección terceira

A Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Artigo 15º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, que exercerá as seguintes funcións:

-O control financeiro das subvencións nos termos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de desenvolvemento.

-Realizar as actuacións de control de fondos comunitarios que, de conformidade cos regulamentos comunitarios e a restante normativa de aplicación, corresponde executar á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

-Desenvolver os traballos de auditoría que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma como organismo de certificación da conta dos fondos Feaga e Feader na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Estudo e proposta do plan de auditorías, con detalle das que se van realizar cada ano.

-Coordinar, de conformidade coas instrucións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que deriven das actuacións de control financeiro de subvencións e de fondos comunitarios.

-Propoñer as normas e instrucións que sexan necesarios para o exercicio do control financeiro de subvencións e de fondos comunitarios.

2. Da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións dependerán:

2.1. O Servizo de Planificación e Avaliación das Auditorías de Fondos Comunitarios, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudo e desenvolvemento dos traballos precisos para elaborar a proposta das actuacións anuais de auditoría de fondos comunitarios.

-Elaborar propostas de normas e instrucións para a adecuada coordinación do desenvolvemento das auditorías de fondos comunitarios.

-Realizar os traballos necesarios para o adecuado seguimento dos resultados das auditorías de fondos comunitarios.

-Elaborar e subministrar a información que se deba rendir a outros órganos involucrados na xestión e no control de fondos comunitarios.

-Emisión dos informes cos resultados das auditorías que se deba render a outros órganos involucrados na xestión e no control de fondos comunitarios.

2.2. O Servizo de Auditoría do Feder e dos Fondos Pesqueiros, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudio e desenvolvemento dos traballos previos precisos para a elaboración dos programas de traballo que se utilizarán nas auditorías de actuacións cofinanciadas co Feder e co IFOP ou FEP.

-Coordinación dos traballos de auditoría das actuacións cofinanciadas co Feder e co IFOP ou FEP que realicen outras unidades da Intervención Xeral.

-Revisión dos informes emitidos como resultado das auditorías das actuacións cofinanciadas co Feder e co IFOP ou FEP.

-Realizar calquera outra función que, en relación coa auditoría das actuacións cofinanciadas co Feder e co IFOP ou FEP, se lle encomenden.

2.3. O Servizo de Auditoría do FSE, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para a elaboración dos programas de traballo que se utilizarán nas auditorías de actuacións cofinanciadas co FSE.

-Coordinación dos traballos de auditoría das actuacións cofinanciadas co FSE que realicen outras unidades da Intervención Xeral.

-Revisión dos informes emitidos como resultado das auditorías das actuacións cofinanciadas co FSE.

-Realizar calquera outra función que, en relación coas actuacións cofinanciadas co FSE, se lle encomenden.

2.4. O Servizo de Control Financeiro de Subvencións, que exercerá as seguintes funcións:

-Elaborar propostas de normas e instrucións en relación co control financeiro de subvencións.

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elaborar unha proposta do Plan anual de control financeiro de subvencións.

-Realizar os traballos de auditoría conducentes á proposta de informes dos controis financeiros de subvencións que, de ser o caso, lle sexan asignados.

-Realizar a coordinación das actuacións que deriven dos informes dos controis financeiros das subvencións.

Sección cuarta

A Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

Artigo 16º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público, que exercerá as seguintes funcións:

-O control financeiro permanente naqueles organismos e entidades vinculados ou dependentes da Administración da comunidade autónoma en que estea establecida esta modalidade de control, segundo se establece no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as disposicións que a desenvolven e demais normativa de aplicación.

-Estudo e proposta do plan anual de actuacións, que se someterá á aprobación da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

-Emisión de informe daquelas actuacións de control financeiro das entidades en que así se determine.

-Coordinar, de conformidade coas instrucións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que se deriven das actuacións de control financeiro no seu ámbito de actuación.

-No ámbito do Servizo Galego de Saúde corresponderalle o estudo e proposta do plan anual de actuacións de control financeiro permanente, así como a coordinación e seguimento e, de ser o caso, a proposta de informes globais.

-Propoñer normas ou instrucións que sexan necesarias para o exercicio do control financeiro permanente e auditoría pública.

2. Da Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público dependerán as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.1 O Servizo de Control Financeiro Permanente, que exercerá as seguintes funcións:

-Elaborar informes que sirvan de base para propostas de emisión de normas ou instrucións en relación con este control financeiro.

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elaborar a proposta anual de actuacións.

-Realizar os traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que deriven das actuacións de control financeiro.

-Realizar os traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

2.2. O Servizo de Auditoría do Sector Público, que exercerá as seguintes funcións:

-Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instrucións en relación coa auditoría do sector público.

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elaborar a proposta anual de actuacións.

-Realizar os traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que deriven das actuacións de auditoría.

-Realizar os traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

2.3. O Servizo de Coordinación do Control Financeiro permanente do Servizo Galego de Saúde, que exercerá as seguintes funcións:

-Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instrucións en relación co control financeiro do organismo.

-Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elaborar a proposta anual de actuacións.

-Seguimento e coordinación das actuacións realizadas polas unidades que teñan encomendadas a dirección, o exercicio e materialización do control financeiro permanente e a realización, de ser o caso, de informes globais.

2.4. O Servizo de Supervisión do Control Financeiro permanente do Servizo Galego de Saúde, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudo e desenvolvemento dos traballos precisos para elaborar os programas de traballo que se utilizarán nas actuacións de control.

-Realizar os traballos de auditoría conducentes á proposta de informes dos controis que, de ser o caso, lle sexan asignados.

-Realizar os traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que deriven das actuacións de control financeiro.

Sección quinta

A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Artigo 17º.-Funcións e estrutura.

1. A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas, que exercerá as seguintes funcións:

-Realizar os traballos necesarios para procurar a coordinación dos órganos integrados ou dependentes da Intervención Xeral.

-O estudo e as propostas de homoxeneización de normas e criterios aplicables nas distintas unidades da Intervención Xeral.

-Coordinar e preparar a información que teña que remitirse ao Parlamento de Galicia, ao Consello de Contas e, de ser preciso, ao Tribunal de Contas e aos órganos estatutarios ou a outras administracións públicas.

-Verificar o seguimento dos informes emitidos polo Consello de Contas ou outros organismos no exercicio das súas funcións de control na esfera da Administración autonómica e elaborar as propostas de actuación que deriven deles.

-Verificar o seguimento dos informes de control posterior emitidos polas distintas unidades da Intervención e elaboración das propostas de actuación que deriven deles.

-Verificar o seguimento dos informes de control financeiro emitidos polas distintas unidades da Intervención Xeral, cando recollan a procedencia de reintegrar a subvención, e a elaboración das propostas de actuación que deriven deles, de acordo co previsto na normativa aplicable.

-Elaborar as propostas correspondentes para o desenvolvemento e actualización dos sistemas de información dedicados a lles dar servizo no exercicio das súas funcións a todas as direccións xerais dependentes da Consellería de Facenda.

2. Da Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas dependerá a seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

2.1. O Servizo de Análise e Coordinación, que exercerá as seguintes funcións:

-Realizar os traballos necesarios para procurar a coordinación dos órganos integrados ou dependentes da Intervención Xeral, e verificar o seguimento dos informes emitidos polo Parlamento de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, os órganos estatutarios e outras administracións públicas.

-Estudo e propostas de homoxeneización de normas e criterios aplicables nas distintas unidades da Intervención Xeral, así como no relativo aos informes emitidos polo Consello de Contas.

-Elaborar as propostas correspondentes para o desenvolvemento e actualización dos sistemas de información dedicados a lles dar servizo no exercicio das súas funcións a todas as direccións xerais dependentes da Consellería de Facenda.

-Preparar a información que teña que remitirse ao Parlamento de Galicia, ao Consello de Contas e, se é o caso, ao Tribunal de Contas e aos órganos estatutarios ou a outras administracións públicas.

-Verificar o seguimento dos informes de control financeiro e de control posterior emitidos polas distintas unidades da Intervención e a elaboración das propostas de actuación que deriven deles.

Sección sexta

As intervencións delegadas nas consellerías

Artigo 18º.-Funcións e estrutura.

1. Na Presidencia da Xunta de Galicia e en todas as consellerías existirá unha intervención delegada, con nivel orgánico de subdirección xeral, integrada organicamente nas secretarías xerais, que exercerá, baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral e xerárquica do conselleiro/a de Facenda, as seguintes funcións, agás no caso en que lle estean expresamente atribuídas ao/á interventor/a xeral ou aos/ás interventores/as territoriais:

-A fiscalización previa de todo acto, documento ou expediente susceptible de xerar compromiso de gastos ou recoñecemento de obrigas, ditados polos órganos competentes.

-A fiscalización previa de todo acto, documento ou expediente susceptible de producir dereitos económicos que se orixinen como consecuencia de actos de xestión da consellería.

-A emisión de informes preceptivos nos supostos de omisión de fiscalización previa.

-O exercicio das funcións de control financeiro e auditoría de fondos comunitarios que, se é o caso, lle asigne a Intervención Xeral.

-O exercicio das funcións de control posterior que, se é o caso, lle asigne a Intervención Xeral.

-A interposición de recursos e reclamacións e a emisión dos informes previstos nas disposicións vixentes.

-Solicitar dos órganos competentes o asesoramento xurídico ou os informes técnicos que se precisen no exercicio da función interventora.

-O control dos fondos librados en firme ou para xustificar a favor dos diversos órganos da consellería, así como exame e censura das respectivas contas.

-Levar e desenvolver a contabilidade do orzamento de gastos que se xestione na consellería ata a fase de proposta de pagamento.

-Formar os estados e anexos que se deban render ao Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ao Tribunal de Contas.

-Asistir as mesas de contratación ou, de ser o caso, designar un funcionario da propia intervención que o substitúa.

-Desenvolver calquera outra tarefa que, de ser o caso, lles encomende a Intervención Xeral.

2. A Intervención Delegada da Consellería de Facenda, ademais das súas funcións propias como intervención delegada, exercerá as seguintes:

-A intervención formal da ordenación do pagamento e a intervención material de ingresos e pagamentos propostos e/ou realizados pola Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

-O seguimento do orzamento de gastos dos órganos institucionais da Comunidade Autónoma, sempre que os ditos órganos non teñan as súas propias oficinas contables integradas no sistema contable XUMCO II.

-As correspondentes como intervención delegada das seccións 21 Transferencias a corporacións locais, 22 Débeda pública e 23 Gastos de diversas consellerías.

-A fiscalización previa dos expedientes que a lexislación patrimonial atribúe á competencia da Consellería de Facenda.

-A contabilización dos ingresos que se realicen nos servizos centrais da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e o seguimento do orzamento de ingresos da comunidade autónoma e das contas non orzamentarias, podendo exercer para iso os labores de relacións necesarios coas intervencións territoriais delegadas que lle encomende a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

-A formación da conta de rendas públicas e tesouraría dos servizos centrais.

-A fiscalización dos ingresos derivados da xestión recadatoria nos seus dous períodos respecto das débedas dos servizos centrais e órganos con sede no concello de Santiago de Compostela.

3. A Intervención Delegada da Presidencia, Consello da Cultura Galega e Consello Consultivo asumirá, ademais das funcións propias como Intervención Delegada da Presidencia, as correspondentes do Consello da Cultura Galega e do Consello Consultivo.

4. A Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde asumirá, ademais das súas funcións propias como Intervención Delegada da Consellería de Sanidade, as correspondentes do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde e as actuacións de control financeiro permanente deste organismo que se lle asignen no plan anual de actuacións.

5. As intervencións delegadas de todas as consellerías contarán cun Servizo de Fiscalización e Contabilidade, excepto as intervencións delegadas nas Consellerías de Traballo e Benestar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que contarán con dous servizos.

Os/as interventores/as delegados/as poderán ser asistidos por interventores/as adxuntos/as ou habilitados/as.

6. Nos organismos autónomos en que así se determine poderá existir unha intervención delegada con nivel orgánico de subdirección xeral que exercerá, baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral, o control interno da actividade económico-financeira deles. Contarán cos postos que se sinalen na correspondente relación de postos de traballo.

Capitulo IV

Das direccións xerais

Sección primeira

A Dirección Xeral de Orzamentos

Artigo 19º.-Competencias e estrutura.

1. Á Dirección Xeral de Orzamentos é o órgano directivo a que, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, lle corresponde dirixir e coordenar as actuacións relativas á planificación, programación e orzamentación do sector público autonómico e dos seus custos de persoal, así como o seguimento da súa execución. Correspóndenlle as seguintes competencias:

a) Realización de estudos e actuacións relativas á determinación dos recursos económicos que deben ser transferidos á comunidade autónoma desde os orzamentos doutras administracións públicas, agás os que este decreto lles asigne a outros centros directivos.

b) Elaboración do proxecto dos orzamentos xerais da comunidade autónoma, así como o desenvolvemento das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Facenda en materia orzamentaria.

c) Análise económico-financeira da evolución orzamentaria na súa vertente de ingresos e gastos, podendo, se é o caso, propoñer aquelas medidas que se consideren convenientes para o necesario equilibrio orzamentario.

d) O exercicio das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Facenda en materia de retribucións do persoal, aprobación e modificación de anexos de persoal, autorización de masa salarial en convenios e acordos colectivos e, en xeral, en todas aquelas materias relacionadas con decisións sobre o persoal que teñan repercusión económica.

e) A xestión do Fondo de Cooperación Local.

f) Polo que se refire ao Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das competencias xerais incluídas nos puntos precedentes, correspóndelle a este centro directivo:

-Establecer os criterios que se deben seguir en materia de xestión de recursos propios.

-Coñecer aqueles actos de control, inspección e avaliación da xestión, tanto en centros ou servizos sanitarios propios coma concertados, efectuados pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, que teñan contido económico e que sexan de interese para a Consellería de Facenda.

-Emitir informe sobre os proxectos de novos investimentos e novos servizos, en canto á súa incidencia nos gastos recorrentes.

-Así mesmo, requirirán informe previo da dirección xeral o establecemento de concertos de vinculación, revisión de tarifas ou outras modificacións nas condicións económicas dos servizos concertados que impliquen a adquisición de novos compromisos financeiros ou que condicionen a asignación dos recursos económicos para futuros exercicios.

g) A solicitude aos centros xestores de gastos e demais entidades do sector público autonómico de canta información resulte precisa para o axeitado exercicio das competencias recollidas nos puntos anteriores.

h) A definición e coordinación da formación específica do seu persoal nas materias relacionadas coa política económica e orzamentaria; co contido e estrutura das políticas de gasto público, coas técnicas de previsión económica, orzamentarias e de avaliación de obxectivos e proxectos, e coas demais materias de coñecemento imprescindible para un axeitado exercicio das súas competencias.

2. A Dirección Xeral de Orzamentos estrutúrase nas seguintes unidades administrativas, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle asignen:

2.1. A Subdirección Xeral de Orzamentos, que terá encomendado o desenvolvemento das actuacións necesarias para a elaboración do proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, así como a prestación do apoio preciso durante o seu debate parlamentario. En particular realizará as seguintes funcións:

-Estudo e formulación dos obxectivos de política orzamentaria, así como elaboración de criterios para a súa aplicación, en coordinación coa Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria.

-Elaborará e dirixirá os escenarios orzamentarios, en coordenación coa Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, así como a avaliación de políticas orzamentarias de gasto público que neles se integren. Formulará a normativa e as instrucións que deberán orientar a elaboración anual dos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

-Establecerá a programación plurianual dos programas de gastos e informará as súas modificacións.

-Realizará a análise da procedencia e oportunidade das modificacións de crédito propostas, informe das súas repercusións orzamentarias, do seu financiamento e da tramitación que proceda para estas.

-Así mesmo, levará a cabo a análise e supervisión das aplicacións informáticas utilizadas para a elaboración dos orzamentos e para a instrumentación e o seguimento das modificacións orzamentarias.

Para o exercicio das súas funcións a Subdirección Xeral de Orzamentos contará coas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Programas Orzamentarios Xerais, que exercerá as seguintes funcións:

-Obtención, análise e agregación dos datos, antecedentes, informes e estatísticas necesarias para a elaboración dos proxectos do orzamento de gastos da comunidade autónoma.

-Recepción, informe e tramitación dos acordos sobre modificacións orzamentarias.

-Elaboración e cifrado dos programas integrados nos orzamentos xerais da comunidade autónoma, con especial atención aos respectivos conceptos de transferencias e investimentos.

-Análise e proposta das modificacións dos programas.

2.1.2. Servizo de Programas Orzamentarios do Servizo Galego de Saúde, que exercerá as seguintes funcións:

-Obtención, análise e agregación dos datos, antecedentes, informes e estatísticas necesarias para a elaboración dos proxectos do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

-Recepción, informe e tramitación dos acordos sobre modificacións orzamentarias dos programas sanitarios.

-Elaboración e cifrado dos programas integrados no orzamento do Servizo Galego de Saúde, con especial atención aos respectivos conceptos de transferencias e investimentos.

-Análise e proposta das modificacións dos programas de gasto integrados no Servizo Galego de Saúde e na Consellería de Sanidade.

2.2. A Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, que terá encomendado o desenvolvemento das actuacións necesarias para a estimación dos ingresos da comunidade autónoma e dos demais axentes do sector público autonómico no contexto da realidade económica prevista. En particular realizará as seguintes funcións:

-O seguimento e determinación, de ser o caso, dos recursos orzamentarios da comunidade autónoma, con especial atención dos derivados do sistema de financiamento.

-A análise da execución de ingresos, así como a xestión orzamentaria dos recursos derivados de transferencias correntes e de capital.

-A coordinación do proceso de elaboración dos anteproxectos das leis orzamentarias da Comunidade Autónoma, e o estudo e análise comparado da normativa orzamentaria.

-O establecemento do marco regulatorio e a determinación da contía e distribución do Fondo de Cooperación Local.

A Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria contará coas seguintes unidades:

2.2.1. O Servizo de Análise Orzamentaria e Xestión de Recursos, que exercerá as seguintes funcións:

-Desenvolvemento da xestión orzamentaria dos recursos procedentes de transferencias correntes e de capital (capítulos IV e VII do orzamento de ingresos).

-Seguimento e análise da execución dos orzamentos de ingresos, así como elaboración dos estudos e propostas precisas para a súa óptima xestión.

-Actuacións relativas ao establecemento do marco regulamentario do Fondo de Cooperación Local e á determinación dos importes que, por ese concepto, corresponden a cada un dos concellos da comunidade autónoma.

2.2.2. O Servizo de Normativa Orzamentaria e Sistemas de Financiamento, que exercerá as seguintes funcións:

-A realización das actuacións necesarias para a determinación e o seguimento dos recursos derivados do sistema de financiamento das comunidades autónomas.

-O tratamento das propostas normativas que se incluirán nos anteproxectos das leis orzamentarias da comunidade autónoma e a análise da lexislación específica nesa materia, relativa aos ámbitos autonómico, estatal e da Unión Europea.

-Informe de calquera proposta de lei ou anteproxecto de lei ou proposta de disposición que poida comportar aumento de gasto, así como os demais informes que procedan por razón das competencias da subdirección.

-Estudo e desenvolvemento de novas técnicas de orzamentación.

2.3. A Subdirección Xeral de Control Orzamentario do Gasto, que terá encomendado o desenvolvemento das actuacións necesarias para o seguimento e control da execución e o cumprimento dos obxectivos orzamentarios, a análise das desviacións e a proposta de medidas correctoras. En particular realizará as seguintes funcións:

-A análise, seguimento e control do orzamento de gastos, así como a elaboración dos estudos e propostas precisas para o control da estabilidade orzamentaria.

-Análise da incidencia e a avaliación económica das diferentes políticas orzamentarias de gasto.

-Análise e seguimento da actuación financeira das entidades que integran o sector público autonómico, a elaboración dos orzamentos de explotación e de capital delas que se vaia integrar nos plans de investimento, actuacións e financiamento, así como da restante documentación complementaria, avaliando a súa proxección o medio prazo e a incidencia na consecución dos obxectivos que figuren nos diferentes programas dos orzamentos xerais da comunidade autónoma en que incidan.

-Análise dos obxectivos e actuacións das entidades que integren o sector público autonómico, da súa coherencia coas políticas de gasto e avaliación da súa incidencia orzamentaria.

-Estudo da distribución territorial dos proxectos de investimento recollidos e/ou financiados polos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

Para o exercicio das súas funcións, a Subdirección Xeral de Control Orzamentario do Gasto contará coa seguinte unidade:

O Servizo de Análise de Plans e Proxectos, que exercerá as seguintes funcións:

-O estudo dos proxectos de investimentos que estean incluídos nos orzamentos e a súa coherencia co conxunto do investimento público autonómico.

-A análise e o seguimento dos obxectivos fixados aos centros xestores no orzamento, e tamén os da aplicación das dotacións que lles foron asignadas, para unha eficaz e eficiente consecución daqueles.

-Actuacións relativas aos plans de investimento, actuacións e financiamento ou equivalentes dos axentes que integran o sector público autonómico, encomendadas á subdirección.

-Apoio á subdirección xeral noutras materias da súa competencia.

2.4. A Subdirección Xeral de Custos de Persoal exercerá as competencias legalmente atribuídas á consellería competente en materia de facenda, referente a custos derivados de medidas relativas ás retribucións do persoal ao servizo do sector público autonómico e da dotación de postos de traballo dos órganos da Administración. Para tal efecto, correspóndelle en particular:

-A análise e cuantificación dos custos de persoal para a proposta de inclusión nos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

-O deseño das políticas de custos de persoal e dos criterios xerais de aplicación das retribucións, dentro das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Orzamentos.

-A elaboración, seguimento e análise da execución do capítulo I do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Estudo, análise e emisión de informes sobre estruturas orgánicas das consellerías e os seus organismos autónomos e sobre as modificacións das relacións de postos de traballo desde a perspectiva da súa repercusión económica.

-Emisión de informes preceptivos para a determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal laboral.

-A autorización da masa salarial máxima con carácter previo ao asinamento de convenios colectivos do persoal laboral.

-Emisión de informe sobre as ofertas de emprego público.

-Todas aquelas competencias que a lexislación vixente atribúe á Consellería de Facenda en materia de retribucións de persoal.

Para o cumprimento das súas funcións a Subdirección Xeral de Custos de Persoal contará coas seguintes unidades:

2.4.1. Servizo de Custos de Persoal, que desenvolverá as funcións atribuídas á Consellería de Facenda en materia de retribucións de persoal, en relación á Administración xeral da comunidade autónoma e aos seus organismos autónomos agás o Servizo Galego de Saúde.

2.4.2. Servizo de Custos de Persoal e Recursos Propios do Servizo Galego de Saúde, que desenvolverá as funcións anteriormente indicadas, en relación ao persoal do Servizo Galego de Saúde, así como as que correspondan á Dirección Xeral de Orzamentos en materia de xestión de recursos propios do dito organismo autónomo.

Sección segunda

A Dirección Xeral de Tributos

Artigo 20º.-Competencias e estrutura.

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Tributos, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, as seguintes competencias:

-A análise e o deseño da política global de ingresos públicos, no relativo aos tributos cedidos polo Estado á comunidade autónoma e aos tributos propios e prezos que esta estableza.

-A dirección, impulso, planificación, coordinación, control e execución da xestión e inspección e revisión dos tributos cedidos, así como da xestión e inspección e revisión dos tributos propios e prezos que corresponden á comunidade autónoma, aos seus organismos autónomos e demais entidades de dereito público dependentes dela.

-Impulso e a coordinación das relacións de colaboración que en materia tributaria poidan establecerse con outras administracións públicas.

-A elaboración das normas relativas aos ingresos de dereito público a que se refiren os puntos anteriores, así como a emisión de instrucións e circulares para o seu cumprimento.

-A dirección da xestión recadatoria nos seus dous períodos, así como a autorización das contas restrinxidas de recadación e o seu control, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo das actuacións de coordinación que procedan, para estes efectos, coa Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

-Apoio ás actuacións da Xunta Superior de Facenda.

2. Para o exercicio das súas competencias, a Dirección Xeral de Tributos estrutúrase nas seguintes unidades, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle encomenden:

2.1. A Subdirección Xeral de Impostos Cedidos, que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación dos diferentes servizos dependentes dela, así como a dos órganos periféricos da Consellería de Facenda, e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario que desempeñen as funcións de xestión relativas a impostos cedidos.

-A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos impostos cedidos.

-A coordinación coas outras subdireccións xerais dependentes desta dirección xeral en materias propias da súa competencia.

Desta subdirección xeral dependerán as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.1.1. O Servizo de Xestión Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:

-O estudo, deseño e proposta dos procedementos de xestión dos impostos cedidos.

-A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión destes.

2.1.2. O Servizo de Inspección Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:

-A análise e proposta dos plans de inspección relativos aos impostos cedidos.

-O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de investigación e comprobación tributaria.

-A proposta de elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados das ditas actuacións.

2.1.3. O Servizo Central de Valoracións, que poderá situarse nun dos departamentos territoriais da consellería, e exercerá as seguintes funcións:

-A dirección técnica dos equipos de traballo que a Consellería de Facenda dedique ao estudo e a investigación do valor de mercado dos inmobles.

-O estudo, a análise e proposta das condicións técnicas necesarias para a explotación da información catastral.

-A análise e proposta dos criterios técnicos para utilizar polos servizos territoriais de valoracións no desenvolvemento das súas actuacións.

-O desenvolvemento das tarefas necesarias para a modificación dos programas informáticos utilizados nas actuacións de valoración.

-O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de valoracións e do sistema de información e estatística relativa aos resultados das ditas actuacións.

2.2. A Subdirección Xeral de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios, que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación entre os órganos periféricos da consellería e demais órganos ou entes da comunidade autónoma, que desempeñen funcións de xestión e inspección de taxas, prezos, tributos propios e demais ingresos de dereito público, agás os de impostos cedidos.

-A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos ingresos a que se refire o punto anterior.

-A coordinación co Servizo de Inspección Tributaria e a Subdirección Xeral de Recadación en materias propias da competencia da subdirección xeral.

Desta subdirección xeral dependerá a seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

O servizo de taxas, prezos e demais tributos propios, que exercerá as seguintes funcións:

-O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos de xestión de taxas, prezos e demais tributos propios da comunidade autónoma.

-A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión dos ditos tributos e prezos.

2.3. A Subdirección Xeral de Recadación, que exercerá as seguintes funcións:

-Estudo e proposta das directrices da xestión recadatoria dos ingresos de dereito público.

-A coordinación entre os órganos periféricos e centrais da consellería e demais órganos ou entes da comunidade autónoma, que desempeñen funcións de xestión recadatoria dos ingresos de dereito público.

-A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas ás funcións recadatorias.

-A coordinación coas outras subdireccións xerais dependentes desta dirección xeral e outros órganos de recadación da consellería en materias propias da competencia da subdirección xeral.

Desta subdirección xeral dependerán a seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

O Servizo Central de Recadación, que exercerá as seguintes funcións:

-A xestión centralizada da recadación executiva.

-A xestión recadatoria nos seus dous períodos respecto das débedas dos servizos centrais e órganos con sede no concello de Santiago de Compostela.

-Ditar providencias de constrinximento respecto das débedas sinaladas no número anterior.

-A relación coas entidades colaboradoras no ámbito da comunidade autónoma.

2.4. Con dependencia directa da directora ou do director xeral de Tributos existen as seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.4.1. O Servizo de Asesoramento Tributario, que exercerá as seguintes funcións:

-A realización de estudos sobre a normativa legal e regulamentaria do réxime dos tributos e prezos públicos.

-A asistencia técnica ao/á director/a xeral en materia tributaria.

-O estudo das resolucións administrativas e xudiciais, así como a proposta de interposición de recursos contra elas.

2.4.2. O Servizo de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas, que exercerá as seguintes funcións:

-Tramitación dos expedientes das reclamacións económico-administrativas, o que inclúe todas as as súas fases: recepción dos escritos; petición de expedientes; posta de manifesto; estudo e preparación das resolucións das reclamacións económico-administrativas, así como a súa notificación.

-Colaboración co Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Administración estatal).

-Remisión de expedientes ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Notificación de sentenzas aos diferentes órganos da Comunidade Autónoma.

Sección terceira

A Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro

Artigo 21º.-Competencias e estrutura.

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, as seguintes competencias:

a) O desenvolvemento e execución das funcións que lle corresponden á comunidade autónoma en materia financeira, en especial as relativas a:

-Endebedamento da Administración xeral da comunidade autónoma, e doutros entes públicos da comunidade.

-Operacións de garantía que corresponda outorgar ao Consello da Xunta de Galicia. Así como os procedementos de reintegro que se inicien polos avais executados con cargo á tesourería da comunidade autónoma.

-Tutela financeira sobre corporacións locais galegas.

-Centros de contratación de valores.

-Mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e outras entidades aseguradoras.

-Mediación de seguros e reaseguros privados.

-Caixas de aforro e demais entidades financeiras.

-Ordenación do crédito, banca e seguros.

b) A xestión da tesourería da comunidade autónoma e, en canto estea atribuída á comunidade a doutros entes públicos, en especial:

-A realización dos ingresos.

-A ordenación xeral de pagamentos en canto lle fose delegada polo conselleiro/a de Facenda.

-A ordenación xeral de pagamentos do Servizo Galego de Saúde, así como a periodificación de pagamentos e provisión de fondos dos seus centros de xestión.

-A xestión dos depósitos e fianzas que deban constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da comunidade autónoma. Así como a coordinación na materia dos departamentos territoriais.

-Autorización da apertura de contas nas entidades de crédito e aforro, e o seu réxime de disposición, de acordo co establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo daquelas que corresponden á Dirección Xeral de Tributos en función do previsto no artigo 6.1º e).

-A xestión e rendibilización de todos os recursos financeiros da tesourería xeral e a súa distribución para o pagamento das obrigas.

2. Para o exercicio das súas competencias a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro estrutúrase nas seguintes unidades administrativas, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle asignen:

2.1. A Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros, que exercerá as seguintes funcións:

-Xestión e coordinación de todas aquelas que teñan relación coas operacións de endebedamento da comunidade autónoma, así como das de garantía que lle corresponda autorizar ao Consello da Xunta de Galicia.

-Xestión do exercicio da tutela financeira sobre as corporacións locais.

-As relativas a centros de contratación de valores.

-Supervisión e control das mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, así como doutras entidades aseguradoras.

-Supervisión e control da mediación de seguros e reaseguros privados.

Da Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros dependerán as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.1.1. O Servizo de Operacións Financeiras, que terá ao seu cargo o desenvolvemento de todas as funcións que teñan relación coas operacións de endebedamento e garantía que lle correspondan á subdirección xeral, así como das funcións que teñan relación coa tutela financeira sobre as corporacións locais galegas e as que lle correspondan a esta comunidade autónoma en materia de contratación de valores.

2.1.2. O Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros, que terá ao seu cargo o desenvolvemento de todas as funcións que lle correspondan á comunidade autónoma en materia de supervisión, xestión de rexistros oficiais, protección da clientela, inspección e réxime sancionador de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e doutras entidades aseguradoras así como de mediación de seguros e reaseguros privados.

2.2. A Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, que exercerá as seguintes funcións:

-As de análise, supervisión, inspección financeira e sanción en materia de caixas de aforro e outras entidades financeiras.

-O control e supervisión dos acordos das asembleas xerais das caixas de aforros galegas relativos á determinación dos excedentes e á súa distribución conforme á normativa aplicable, así como aos orzamentos anuais, á súa liquidación e á creación de novas obras benéfico-sociais.

-O control e supervisión dos investimentos e gastos en obra benéfico-social realizados en Galicia polas caixas de aforro foráneas.

-A levanza dos rexistros existentes na materia.

-As de protección da clientela destas entidades.

-O informe das consultas e a proposta de resolución de autorizacións e, en xeral, cantas funcións lle atribúa á dirección xeral a lexislación vixente sobre estas materias.

-Control e supervisión dos procesos electorais e do funcionamento dos órganos de goberno das caixas de aforros galegas.

-A colaboración e coordinación con outras autoridades, órganos, organismos ou entes que teñan encomendadas funcións supervisoras de caixas de aforro e outras entidades financeiras

-Aqueloutras que puideran corresponderlle á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación de crédito e banca.

Da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras dependerán os seguintes servizos:

2.2.1. O Servizo de Análises Financeiras, que será o encargado da vixilancia do cumprimento da normativa sobre recursos propios e solvencia, da realización dos informes periódicos sobre a evolución económico-financeira das entidades, de informar sobre as consultas que se lle formulen e de elaborar as propostas de resolución relativas aos grandes investimentos, as operacións de concentración de riscos e as tomas de participación significativas.

2.2.2. O Servizo de Supervisión e Inspección, que terá ao seu cargo o desempeño das funcións relativas á levanza dos rexistros, protección da clientela, obra benéfico-social, supervisión e inspección en materia de transparencia e órganos de goberno, réxime sancionador, así como elaborar as propostas de resolución relativas ás restantes autorizacións procedentes.

2.3. A Subdirección Xeral do Tesouro, que exercerá as seguintes funcións:

-As relacionadas coas accións necesarias para a xestión da Tesourería da Comunidade Autónoma, tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos, así como a autorización e réxime das contas bancarias que lle corresponda autorizar a esta dirección xeral.

-A elaboración dos orzamentos de tesourería así como a realización trimestral dos cadros de fluxos financeiros, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

-A recepción, custodia e devolución dos depósitos e fianzas que se constitúan nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Da Subdirección Xeral do Tesouro dependerán os seguintes servizos:

2.3.1. O Servizo de Tesourería, que terá ao seu cargo:

-A xestión da tesourería da comunidade autónoma, tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos.

-A tramitación de expedientes de pago extraorzamentarios.

-A elaboración dos orzamentos de tesourería e cadros trimestrais de fluxos financeiros.

2.3.2. O Servizo de Programación de Pagamentos do Servizo Galego de Saúde, que terá ao seu cargo a proposta de pagamentos do Servizo Galego de Saúde, así como elaborar a súa periodificación e a provisión de fondos dos seus centros de xestión.

2.3.3. O Servizo da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia, que terá ao seu cargo a constitución, custodia e devolución dos depósitos e fianzas constituídos nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección cuarta

A Dirección Xeral de Planificación e Fondos

Artigo 22º.-Competencias e estrutura.

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Planificación e Fondos, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, as seguintes competencias:

-O exercicio de todas as competencias que o Estatuto de autonomía lle atribúe á comunidade autónoma en materia de planificación económica.

-A realización dos traballos e estudos relativos á elaboración, seguimento e avaliación da planificación da actividade económica da comunidade autónoma e dos programas económicos a medio e longo prazo.

-As análises e estudos da actividade económica, en xeral, e das actuacións de política económica e investimentos públicos da Administración autonómica en particular, e a avaliación dos programas económicos sectoriais e territoriais, así como, se é o caso, a instrumentación de propostas para a corrección dos desequilibrios rexionais.

-O seguimento das actuacións e do impacto económico a medio prazo da política económica da Administración autonómica, e das políticas comunitarias, nacionais e rexionais.

-A relación sobre materias relativas á Unión Europea (UE) e á política económica, tanto no ámbito da comunidade autónoma como doutras administracións, a través dos órganos colexiados de coordinación que correspondan ou das diversas comisións sectoriais establecidas.

-Así mesmo, e sen prexuízo das competencias sectoriais doutras consellerías, o mantemento de relacións con outras administracións públicas, cos sectores socioeconómicos e axentes sociais en canto se refire ao seguimento das súas actuacións investidoras, e co Consello Económico e Social de Galicia.

-A coordinación coa Dirección Xeral de Orzamentos para os efectos da repercusión da planificación económica no cálculo do orzamento.

-A coordinación e o impulso de actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais da Unión Europea.

-A coordinación das relacións coa Administración xeral do Estado e, se é o caso, coa europea, en materias de coordinación de investimentos, en canto á programación a medio prazo.

-A coordinación de actuacións tendentes ás demandas de información das inspeccións técnicas e financeiras comunitarias.

-As competencias atribuídas no Regulamento da comisión relativo aos organismos intermedios.

2. A Dirección Xeral de Planificación e Fondos estará integrada polas seguintes unidades, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle asignen:

2.1. A Subdirección Xeral de Planificación, que exercerá as seguintes funcións:

-A realización e dirección de estudos e traballos conducentes á planificación, elaboración, seguimento, actualización e instrumentación da programación económica a medio prazo.

-A análise dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación económica da Xunta de Galicia, así como a coordinación do réxime de axudas públicas.

-A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores das intervencións comunitarias.

-A coordinación e a análise de estudos referentes á conxuntura económica e a elaboración de previsións sobre o comportamento da economía galega.

-A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e o seguimento da planificación anual e plurianual da Xunta de Galicia.

-A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos-programa aprobados pola devandita comisión.

-As relacións técnicas de cooperación e seguimento dos traballos do Consello Económico e Social de Galicia e doutros organismos públicos.

-Substituír o/a director/a xeral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

A Subdirección Xeral de Planificación contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.1.1. O Servizo de Metodoloxía e Seguimento, que exercerá as seguintes funcións:

-A aplicación de métodos e indicadores así como a recolla de datos necesarios para o seguimento da planificación económica anual e plurianual.

-A instrumentación e o seguimento dos acordos e plans socioeconómicos relativos á economía rexional.

-A realización das análises dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación a medio prazo da Xunta de Galicia.

2.1.2. O Servizo de Avaliación e Análises, que exercerá as seguintes funcións:

-A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores de todas as formas de intervención comunitaria.

-A coordinación e análise de estudos e informes relativos ao comportamento da economía galega.

-A elaboración de propostas, estratexias e prioridades para o aproveitamento dos recursos financeiros provenientes da Unión Europea con posible incidencia rexional.

-A preparación e articulación da programación económica derivada dos recursos procedentes da Unión Europea e a súa coordinación coa política orzamentaria da Xunta de Galicia.

2.1.3. O Servizo de Coordinación de Políticas Comunitarias, que exercerá as seguintes funcións:

-A relación coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, así como a participación e o seguimento de actividades e programas relacionados directamente coa política rexional comunitaria.

-A tramitación e coordinación administrativa derivada da Secretaría Técnica da Comisión Delegada para Asuntos Económicos e da adscrición do Consello Económico e Social de Galicia á Consellería de Facenda.

-A coordinación do réxime de axudas públicas e a elaboración de estudos sobre a normativa comunitaria de aplicación.

2.2. A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios, que exercerá as seguintes funcións:

-O estudo, coordinación e elaboración de propostas de aplicación da política rexional comunitaria e os fondos estruturais, nos que está designado como organismo intermedio da autoridade de xestión, o fondo de cohesión e, en particular, a formulación de instrucións para a coordinación da programación e da xestión dos proxectos de investimentos da Xunta de Galicia que configuran o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), Feder, FSE, Fondo de Cohesión e Iniciativas Comunitarias da Unión Europea.

-A participación e representación, compartidas cos órganos sectoriais da Administración autonómica, nos órganos e comités de seguimento relativos aos fondos citados no punto anterior, e noutros órganos colexiados con competencias en fondos europeos, así como a elaboración dos informes e propostas aos ditos órganos.

-A xestión técnica que se deriva das competencias atribuídas á Dirección Xeral na letra i) do artigo 9º.1 deste decreto relativas aos Organismos Intermedios.

-A coordinación técnica co Comité de Investimentos Públicos respecto á materialización da programación de investimentos públicos en Galicia e, en particular, do Fondo de Compensación Interterritorial.

-O seguimento e a certificación dos investimentos cofinanciados cos ditos fondos, ante as correspondentes administracións, para os respectivos reembolsos á comunidade autónoma.

-O exercicio das competencias que como organismo intermedio da Autoridade de Certificación do FEP lle corresponden á Dirección Xeral.

-A coordinación e elaboración dos informes e propostas relativas ás inspeccións técnicas e financeiras que realicen as autoridades comunitarias, referidas aos ditos fondos.

-A emisión periódica de informes sobre a xestión do FCI, Feder, FSE, Fondo de cohesión, iniciativas comunitarias, e, en particular, as previsións de ingresos.

A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.2.1. Servizo de Xestión do FEOGA-Orientación e Iniciativas Comunitarias, que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación da programación e da xestión do Feoga-Orientación e das Iniciativas Comunitarias.

-A xestión e tramitacións ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos do FEOGA-Orientación e Iniciativas Comunitarias.

2.2.2. Servizo de Xestión do Feder, Fondo de Cohesión e FCI, que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación da programación e da xestión do Feder, Fondo de Cohesión e FCI, de acordo coa súa normativa europea e nacional aplicable.

-A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos dos fondos citados no apartado anterior.

2.2.3. O Servizo de Xestión do FSE e IFOP ou FEP que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación da programación e da xestión do FSE e do IFOP.

-A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos do FSE, IFOP e FEP., e o exercicio das competencias atribuídas ao organismo intermedio da autoridade de certificación.

2.2.4. Servizo de Inspección e Control dos Fondos Comunitarios, que exercerá as seguintes funcións:

-Garantir o cumprimento das competencias atribuídas ao organismo intermedio definidas nos regulamentos da comisión.

-Verificar os métodos e procedementos conducentes ao cumprimento da subvencionabilidade dos gastos procedentes dos fondos comunitarios, sen prexuízo das competencias do Servizo de Auditoría Interna dos Fondos Agrarios Comunitarios do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Sección quinta

A Dirección Xeral da Función Pública

Artigo 23º.-Competencias e estrutura.

1. A Dirección Xeral da Función Pública é o órgano ao cal lle corresponde, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, a execución da política de persoal da Administración da Xunta de Galicia nos termos previstos na Lei da función pública e demais normativa que a desenvolva, a xestión das competencias atribuídas á Consellería de Facenda nesta materia e a resolución daquelas que lle delegue a conselleira ou conselleiro. Para tal fin, coordinará a actuación dos órganos competentes en materia de persoal das distintas consellerías e organismos autónomos dependentes delas, ditando as instrucións oportunas.

2. A Dirección Xeral da Función Pública exercerá as seguintes competencias:

-A realización dos estudos e traballos que en materia de persoal lle sexan encomendados ou coide conveniente efectuar.

-A elaboración dos anteproxectos de disposicións en materia de función pública.

-A proposta da convocatoria e resolución dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías á conselleira ou conselleiro así como a fixación dos criterios aos que se deberán someter todas as convocatorias públicas de libre designación.

-A elaboración das ofertas de emprego público.

-A proposta á conselleira ou conselleiro da convocatoria das probas selectivas para o ingreso nos corpos, escalas e categorías da Administración da Xunta de Galicia adscritos á Consellería de Facenda.

-A tramitación dos expedientes de incompatibilidades do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.

-A tramitación dos expedientes de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro, pola que se establece o réxime de incompatibilidades dos membros da Xunta e da Administración, así como a custodia e a xestión dos rexistros de incompatibilidades de altos cargos.

-A coordinación das relacións laborais e sindicais con respecto ao persoal ao servizo da Administración da comunidade autónoma.

-As convocatorias de listas para cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral adscritos á Consellería de Facenda.

-A proposta, se é o caso, ao órgano competente da incoación de expedientes disciplinarios cando se detecten indicios racionais de responsabilidade administrativa na actuación do persoal, e elevar ao Consello da Xunta as propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública.

-A emisión dos informes preceptivos e previos que sobre os proxectos de disposicións que afecten a materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica estableza a normativa vixente.

-A elaboración dos estudos e propostas sobre o dimensionamento dos cadros de persoal e as relacións de postos de traballo, así como elevación ao Consello da Xunta das propostas ou modificacións das relacións de postos de traballo para a súa aprobación.

-A xestión e confección do Rexistro de Persoal da Xunta de Galicia.

3. Para o exercicio das súas funcións e competencias a Dirección Xeral da Función Pública contará coas seguintes unidades, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que dentro do seu ámbito se lle encomenden:

3.1. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, que exercerá as seguintes funcións:

-A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación do Persoal, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

-A elaboración das propostas de resolución dos recursos e reclamacións previas a vía xurisdicional que se presenten en materia de persoal dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.

-A realización dos estudos e a emisión de informes en materia de persoal.

-A preparación e desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións laborais e sindicais do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.

-A realización, no seu ámbito de competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.

Para o cumprimento das suas obrigas, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

3.1.1 O Servizo de Réxime Xurídico e Recursos que desenvolverá as seguintes funcións:

-O estudo e preparación de propostas de resolución de recursos en materia de persoal dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.

-A colaboración na preparación de anteproxectos normativos relativos á Función Pública.

-A preparación das propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública para a súa elevación ao Consello da Xunta.

-O asesoramento e a emisión de informes en materia de función pública.

-A tramitación de reclamacións previas á vía xurisdicional, dentro da competencia da Dirección Xeral da Función Pública.

-Remisión aos xulgados, tribunais e gabinetes territoriais dos expedientes e documentación solicitada na vía xurisdicional dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.

3.1.2. O Servizo de Relacións Laborais realizará as seguintes funcións:

-O desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións sindicais do persoal da Xunta de Galicia.

-A emisión de informes en materia de persoal laboral da Xunta de Galicia e dos exixidos pola normativa vixente.

-A secretaría e mais o seguimento das negociacións colectivas en materia de persoal.

-A colaboración na elaboración de anteproxectos normativos en materia de Función pública.

-A xestión do Fondo de Acción Social.

3.2. Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal que terá encomendada a realización das seguintes funcións:

-A preparación das ofertas de emprego público e o seu desenvolvemento coordinado cos órganos superiores da función pública.

-A xestión e proposta de programación de efectivos dos corpos, escalas e categorías ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

-A emisión dos informes preceptivos e previos sobre os proxectos de disposicións que afecten á materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica, que estableza a normativa vixente.

-A elaboración de estudos e propostas sobre o dimensionamento dos cadros de persoal, as relacións de postos de traballo e as súas modificacións e a emisión do informe previo a estas.

-A xestión de expedientes relativos a situacións e incidencias do persoal funcionario e laboral ao servizo da Xunta de Galicia.

-A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

-A elaboración, dentro das súas competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.

Para a realización das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

3.2.1. Servizo de Xestión de Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións:

-A xestión, en xeral, de todo o persoal funcionario, laboral ou asimilado ao servizo da Administración autonómica de Galicia, sen prexuízo das competencias propias de cada consellería.

-A preparación e elaboración das ofertas de emprego público do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia, dentro dos termos do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia.

-A colaboración na preparación dos concursos de provisión de postos de traballo.

-O estudo e preparación de informes sobre a normativa de Función pública.

3.2.2. Servizo de Programación e Ordenación de Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións:

-A emisión dos informes preceptivos e previos sobre os proxectos de disposicións que afecten á materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica, que estableza a normativa vixente.

-A elaboración das propostas de relacións de postos de traballo ou das súas modificacións, que irá acompañada dun informe emitido conxuntamente coa Dirección Xeral de Orzamentos.

-A colaboración na preparación das ofertas de emprego público do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia, dentro dos termos do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

-O estudo e preparación de informes e estatísticas en materias relacionadas co persoal.

3.3. A Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal terá encomendado o exercicio das seguintes funcións.

-A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

-A elaboración dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías; a elaboración e tramitación das convocatorias de procesos selectivos dos corpos, escalas e categorías correspondentes; a convocatoria e o desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos por persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que regule a dita cobertura.

-A realización, no seu ámbito de competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.

-As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

Para o cumprimento dos seus cometidos, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

3.3.1. Servizo de Provisión, que terá encomendadas as seguintes funcións:

-O estudo e preparación dos anteproxectos normativos en materia de provisión.

-A preparación, elaboración e tramitación das convocatorias de concursos de traslados.

-O desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que regule a dita cobertura, así como a selección e a tramitación das propostas para a cobertura dos postos por persoal interino e substitucións de persoal laboral de servizos centrais da Administración da Comunidade Autónoma, e o control das interinidades e substitucións de persoal funcionario e laboral dos seus servizos periféricos.

-O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia.

3.3.2. Servizo de Selección, que terá encomendadas as seguintes funcións:

-O estudo e preparación dos anteproxectos normativos en materia de selección.

-A preparación e a elaboración das convocatorias dos procesos selectivos do persoal funcionario e laboral ao servizo da administración pública de Galicia.

-O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia.

3.4. A oficina de incompatibilidades e boas prácticas, con nivel orgánico de subdirección xeral, terá encomendada a realización das seguintes funcións:

-A xestión do réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e dos altos cargos da Administración Autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro.

-Mantemento e xestión do Rexistro de Bens Patrimoniais e de Actividades e Intereses de Altos Cargos da Xunta de Galicia, e será responsable da custodia, seguridade e indemnidade dos datos e documentos que neles se conteñan.

-A cualificación da declaración de actividades e a declaración de bens patrimoniais dos altos cargos da Administración autonómica.

-A vixilancia do cumprimento das obrigas derivadas da aplicación do artigo 16 do Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan o rexistro e actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Xunta de Galicia. Corresponden á oficina requirirlle a quen sexa nomeado ou cesado como alto cargo o cumprimento das obrigas previstas neste decreto.

-Elaborar anualmente un informe detallado do cumprimento polos altos cargos das obrigas de declarar, así como das infraccións cometidas e das sancións impostas. Este informe será enviado ao Consello da Xunta de Galicia para a súa remisión ao Parlamento.

-A elaboración das propostas de resolución dos expedientes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-A emisión dos informes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Mantemento e xestión e rexistro de persoal eventual regulado no artigo 7.3º, parágrafo 2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

-A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal dos anteproxectos normativos en materia de función pública.

3.5. O Servizo de Actualización de Datos do Persoal, que terá encomendadas as seguintes funcións:

-A dirección, coordinación e xestión do Rexistro de Persoal da Administración Autonómica de Galicia, no cal se inscribirá preceptivamente todo o persoal ao seu servizo.

-A anotación e actualización dos datos que se refiran aos actos que afecten á vida administrativa do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia.

-A xestión informatizada dos distintos procesos da dirección xeral.

-A vixilancia do cumprimento da normativa vixente sobre tratamento de datos de carácter persoal, con especial referencia ao arquivo e uso da información recollida no Rexistro Central de Persoal.

-Os estudos e traballos que se lle encomenden.

Título III

Departamentos territoriais

Artigo 24º.-Ámbito territorial.

1. Os departamentos territoriais da Consellería de Facenda sitúanse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e intégranse na correspondente delegación territorial para os efectos de coordinación. O seu ámbito territorial será delimitado pola respectiva provincia, agás os departamentos de Pontevedra e Vigo, que se determinan de conformidade co previsto na disposición adicional quinta do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

2. Á fronte de cada departamento existirá unha xefa ou xefe territorial, de que dependerán todos os servizos e unidades da consellería que se sitúen no ámbito territorial da súa competencia.

3. As xefas ou os xefes territoriais dependen orgánica e funcionalmente da/o conselleira/o, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar da/o secretaria/o xeral e do Patrimonio e das/os directoras/es xerais da consellería.

Artigo 25º.-Competencias.

1. No seu ámbito de actuación, cada departamento territorial terá, ademais das sinaladas no Decreto 245/2009, do 30 de abril, as seguintes competencias:

-Velar polo cumprimento das disposicións legais relativas ás competencias da Consellería de Facenda.

-O control, seguimento e a inspección das oficinas liquidadoras do seu ámbito territorial.

-A concesión de adiantamentos e fraccionamentos dentro dos límites fixados polas disposicións vixentes.

-O exercicio das funcións propias da Tesouraría, así como as que correspondan á Caixa Xeral de Depósitos.

-A proposta, posta en práctica e o control da execución de plans e programas de actuación da Consellería de Facenda, e a elaboración de estudos e informes de carácter xeral ou sectorial necesarios para eles.

-O estudo e a análise sobre todas as cuestións da súa competencia que lle sometan os órganos centrais da consellería.

-Elaborar o anteproxecto de orzamentos do departamento, así como emitir informe sobre as actuacións da consellería no seu ámbito territorial.

-O exercicio das competencias desconcentradas pola normativa vixente, así como calquera outra competencia ou atribución que as leis e demais disposicións xerais lle confiran ou lle sexan delegadas polo/a conselleiro/a.

-A selección e tramitación das propostas para a cobertura de postos de persoal funcionario por persoal interino e a substitución de persoal laboral de todos os departamentos territoriais do ámbito correspondente.

Así mesmo, correspóndelle:

-A xestión de todos os asuntos relativos a persoal, habilitación, material e réxime interior.

-O rexistro xeral, a información ao público e o arquivo de documentos.

-A realización das tarefas que, relacionadas coa xestión do patrimonio da comunidade autónoma no ámbito territorial do departamento, lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio.

-A realización das tarefas materiais relacionadas coas funcións encomendadas ás oficinas liquidadoras do seu ámbito territorial.

2. O xefe ou a xefa territorial será substituído/a, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o/a conselleiro/a.

Artigo 26º.-Estrutura.

Para o cumprimento das súas funcións, os departamentos territoriais contarán coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo, que realizarán as funcións que para cada unha delas se sinala, sen prexuízo daqueloutras que, dentro do seu ámbito, se lle asignen:

1. Servizo de Xestión Tributaria, que exercerá as funcións establecidas no artigo 117 da Lei xeral tributaria e as demais que lle poidan corresponder, segundo a lexislación vixente.

2. Servizo de Inspección Tributaria, que exercerá as funcións establecidas no artigo 141 da Lei xeral tributaria, as de confección, conservación e actualización de censos e rexistros fiscais non incluídas nos números 1 e 3, e as demais que lle poidan corresponder, segundo a lexislación vixente.

3. Servizo de Valoracións, que exercerá as seguintes funcións:

-As facultativas de valoración e recoñecemento de bens, dereitos e actividades de natureza inmobiliaria, así como as de confección, conservación e actualización dos censos e rexistros fiscais correspondentes.

-A emisión de ditames e outras actuacións relacionadas co seu servizo.

-A coordinación e o control das valoracións que se realicen nas distintas oficinas liquidadoras.

4. Servizo de Recadación, que exercerá as seguintes funcións:

-A xestión recadatoria nos seus dous períodos.

-Ditar providencias de constrinximento nos expedientes administrativos deste carácter.

-A tramitación e proposta de resolución dos expedientes de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento.

-A relación coas entidades colaboradoras na recadación, sen prexuízo daquelas que correspondan a outros órganos.

-As demais funcións que lle poidan corresponder segundo a lexislación vixente.

5. Ademais do disposto nos puntos precedentes, o Departamento Territorial da Coruña contará cun Servizo de Relacións coas Oficinas Xestoras, que exercerá as seguintes funcións:

-A coordinación das relacións do departamento territorial coas oficinas liquidadoras do distrito hipotecario.

-O seguimento das actuacións realizadas polas devanditas oficinas.

-A coordinación das actuacións realizadas por outras oficinas de xestión tributaria dependentes da xefatura territorial.

Artigo 27º.-Intervención Territorial.

1. Integrada organicamente na delegación territorial e con dependencia funcional da Intervención Xeral exercerá, no ámbito das competencias dos departamentos territoriais das respectivas consellerías ou das xefaturas provinciais ou territoriais dos organismos autónomos, as seguintes funcións:

-A función interventora respecto de todos os actos, documentos e expedientes de que puidesen derivar dereitos e obrigas de contido económico.

-A interposición de recursos e reclamacións e a emisión dos informes previstos nas disposicións vixentes.

-Solicitar dos órganos competentes o asesoramento xurídico ou os informes técnicos que se precisen no exercio da función interventora.

-Levar e desenvolver a contabilidade do seguimento do orzamento de gastos e ingresos.

-Levar a contabilidade dos ingresos e pagamentos non orzamentarios.

-A realización das actuacións de control financeiro permanente do Servizo Galego de Saúde que lles sexan asignadas no plan anual de actuacións aprobado pola Intervención Xeral.

-O exercicio das funcións de control posterior que, se é o caso, lle asigne a Intervención Xeral.

-Formar os estados e contas que lles teñan que render os/as delegados/as territoriais ou provinciais ao Consello de Contas de Galicia e ao Tribunal de Contas do Estado a través da Intervención Xeral.

-Subministrar información para os/as delegados/as e directores/as provinciais.

-Asistir ás mesas de contratación ou, de ser o caso, designar un/ha funcionario/a da propia intervención que o substitúa.

-Desenvolver calquera outra tarefa que, de ser o caso, lle encomende a Intervención Xeral.

2. Á fronte da Intervención Territorial existirá, con nivel orgánico de xefatura de servizo, un/ha interventor/a territorial perante a Administración territorial ou provincial.

3. O/a interventor/a territorial poderá estar asistido por interventores/as habilitados/as, con rango de xefatura de servizo.

4. Serán funcións dos/as interventores/as territoriais habilitados/as as seguintes:

-Asistir o/a interventor/a territorial delegado/a.

-Preparar e propoñerlle ao/á interventor/a territorial os informes fiscais que proceda emitir en relación cos expedientes recibidos.

-O estudo e a proposta ao/á interventor/a territorial de cantos actos competan en razón do exercicio da función interventora.

-Desenvolver as tarefas relacionadas coa función interventora, a contabilidade do orzamento de gastos e ingresos, a contabilidade dos ingresos e pagamentos non orzamentarios e as actuacións de control financeiro permanente, que lles encomende o/a interventor/a territorial ou, se é o caso, o/a interventor/a xeral.

Disposicións adicionais

Primeira.-Con dependencia da xefa ou xefe da unidade a que se adscriban pola correspondente relación de postos de traballo, existirán dúas asesorías técnicas, con nivel orgánico de xefatura de servizo, que terán como función o apoio técnico e administrativo á unidade nas materias relacionadas coas competencias da consellería.

Segunda.-As mencións que no Decreto 262/2001, do 20 setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas, se fan á Consellería de Industria e Comercio ou a Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, deben entenderse referidas respectivamente á Consellería de Facenda e á Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Terceira.-As mencións que no Decreto 237/2007, do 5 de decembro, polo que se crea a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan a súa composición e funcións, se realizan á consellería competente en materia de economía, entenderanse realizadas á consellería competente en materia de facenda.

En consecuencia, o artigo 7º.1 do citado decreto quedará redactado como segue:

«A presidencia da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma exerceraa a persoa titular da secretaría xeral da consellería competente en materia de facenda e terá as funcións que o artigo 23 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, atribúe aos presidentes de órganos colexiados, dirimindo co seu voto os empates».

Así mesmo, coma consecuencia da adscrición do Rexistro Xeral de Contratistas á Consellería de Facenda, o artigo 4, no relativo á Vicepresidencia do Pleno, quedará redactado como segue:

«2. Vicepresidencia: a persoa titular da secretaría xeral da consellería competente en materia de obras públicas».

Cuarta. As mencións que no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, se realizan ás comisións permanentes provinciais, entenderanse realizadas, de acordo co Decreto 245/2009, do 30 de abril, ás comisións permanentes territoriais.

En consecuencia, o parágrafo primeiro do artigo 4 quedará redactado como segue:

«Para a elaboración das listas, así como para o seu control e correcta utilización, nomearase unha comisión permanente central e cinco comisións permanentes territoriais».

O parágrafo terceiro do artigo 4 quedará redactado como segue:

«Ás comisións permanentes territoriais correspóndelles o control e o seguimento das listas, así como resolver as incidencias que se lles presenten no seu ámbito de conformidade cos criterios emanados da comisión permanente central.

A composición da/s comisión/s permanente/s de selección será a seguinte:

*Presidenta/e:

-Na Comisión Central: titular da dirección xeral competente en materia de función pública ou persoa en que delegue.

-Nas comisións territoriais: o/a titular da delegación territorial ou persoa en quen delegue.

*Tres representantes da Administración.

*Dous representes sindicais.

*Secretario: unha/un funcionario/a dependente dun servizo con funcións de persoal.

Así mesmo, o parágrafo primeiro do artigo 13 quedará redactado como segue:

«Producida a necesidade de cobertura temporal dun posto, a secretaría xeral ou o departamento territorial correspondente dirixirase, coa maior brevidade posible, á Dirección Xeral da Función Pública para os que radiquen en servizos centrais, ou ao departamento territorial da consellería competente en materia de función pública, para os servizos periféricos, e solicitará a persoa que, segundo a orde de prelación que figura na lista, lle corresponda ser chamada».

Quinta.-As mencións que no Decreto 298/2008, do 18 de decembro, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mediación de seguros e reaseguros privados, se fan á consellería e á/ao conselleira/o competente en materia de economía, deben entenderse feitas á consellería e á/ao conselleira/o competente en materia de facenda.

Sexta.-As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda non previstas neste decreto enténdense atribuídas á/aos xefa/es territoriais desta consellería, de conformidade co Decreto 245/2009, do 30 de abril.

Disposicións transitorias

Primeira.-Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a conselleira de Facenda, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura no presente decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Segunda.-As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por orde da conselleira por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto e, expresamente,o Decreto 79/2007, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estrutura orgánica que se establece neste decreto non suporá aumento de gasto.

Segunda.-Facúltase a conselleira de Facenda para ditar os actos e as medidas que sexan necesarios para a reestruturación dos postos e acomodación do persoal á estrutura establecida neste decreto ou derivada dela, así como as que cumpran para o seu desenvolvemento e execución.

Terceira.-A Consellería de Facenda proporá as modificacións que procedan na relación de postos de traballo, derivadas da estrutura orgánica que se establece neste decreto.

Cuarta.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de maio de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda