DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 29 de maio de 2009 Páx. 9.351

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2009 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en belas artes.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), acordado o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 29 de agosto de 2008 (publicado no BOE do 26 de setembro de 2008, por resolución da Secretaría de Estado de Universidades do 24 de setembro de 2008), e para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4º da Ley orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primer inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, e segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación

Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en belas artes pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de abril de 2009.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Resolución do 28 de abril de 2009 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en belas artes pola Universidade de Vigo

Denominación do título: graduado ou graduada en belas artes pola Universidade de Vigo.

Rama de coñecemento a que se adscribe o título (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro): artes e humanidades.

Código da titulación: 2011010.

Código do plan: 2011010-01.

Ver referencia pdf "10400D015P031.PDF"