DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 28 de maio de 2009 Páx. 9.301

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia número 3800-2009.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de maio actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 3800-2009, promovido pola Xunta de Galicia, en relación cos artigos 14, 15, 16, 18, 19, 20, 21.1º e 2, 22, 24.3º, 25, 26, 29, 30.2º, 32.2º parágrafo segundo, 32.3º, 33.2º e 3, 34 e 35 do Real decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros, e, de conformidade co disposto no artigo 10.2º LOTC na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuírlle á Sala Primeira, á cal pola quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, cinco de maio de dous mil nove.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR