DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 27 de maio de 2009 Páx. 9.265

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RECURSO de inconstitucionalidade número 3644-2009.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de maio actual, admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 3644-2009, promovido polo presidente do Goberno, contra a disposición adicional segunda da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda. E faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2º da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación do precepto impugnado desde a data de interposición do recurso -20 de abril de 2009- para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, cinco de maio de dous mil nove.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno