DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2009 Páx. 8.918

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009.

Advertido erro na Orde do 29 de abril de 2009, publicada no DOG nº 87, do 6 de maio, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 8.366, no artigo 7º.-Solicitudes e documentación. Onde di: «O artigo 7º.1 nos seus puntos k) e r) queda redactado como segue:», debe dicir: «O artigo 7º.2 nos seus puntos k) e r) queda redactado como segue:».