DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2009 Páx. 8.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 8 e na disposición derradeira primeira da Orde do 7 de abril de 2009, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos ou candidatas.

1. As probas terán lugar o día 23 de xuño de 2009 de acordo co seguinte horario:

9.30 horas, presentación dos candidatos ou candidatas.

10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

-IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase, s/n, A Coruña.

Provincia de Lugo:

-IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

-IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

-IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos ou candidatas.

a) Os/as candidatos/as deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o centro educativo público en que se atope o seu expediente académico.

b) Para a realización das probas os candidatos ou candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal:

Presidente: José Graña Carrodeguas, subdirector xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

-Berta Estrada Arias, inspectora de educación.

-Agustín Hermida López, inspector de educación.

-Samuel Lago Fernández, inspector de educación.

-José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.

-Gonzalo Sanmartín Brey, profesor de ensino secundario.

Secretario: Leopoldo Bahillo Varela, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.